Máis de 30.000 persoas gritan "Altri Non" rodeando a sede da Xunta en San Caetano

Esta é a segunda gran manifestación en contra deste proxecto, despois da multitudinaria marcha que percorreu as rúas de Palas de Rei o pasado mes de maio
 


|

 

Altri non
 concentración ante san caetano Altri non

A Plataforma Ulloa Viva cifra en 30.000 persoas as chegadas de todos os puntos de Galicia que rodearon hoxe a sede da Xunta en Santiago ao berro de “Altri Non!”. Ao redor de 45 autobuses procedentes da Ulloa, Comarca do Deza, Terra de Melide, Arzúa, Ría de Arousa, o sete grandes cidades galegas ou A Mariña de Lugo, sumáronse ao redor de San Caetano ao acto simbólico convocado pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) para esixirlle ao goberno do PP “que leve a cabo o seu deber mais relevante, que é mirar polo benestar das galegas e galegos”, segundo a portavoz de Ulloa Viva, Marta Gontá, en declaracións aos medios ao comezo do acto reivindicativo. Ademais, esixiu á Xunta "que faga o seu traballo e vele polos intereses de todos os galegos e non só polos intereses dunha empresa privada".

Así mesmo, o portavoz da Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa, Xaquín Rubido, volveu a instar o Goberno de Alfonso Rueda que paralice este proxecto, así como o da mina de Touro, que se declarou estratéxico no último Consello da Xunta.

 

Altri non 3
Altri non 3



"Son proxectos que non deixan nada aquí; deixan só a contaminación e iso é a antítese do noso modelo produtivo, que deixa a riqueza aquí, é transversal, fixa poboación e forma parte da nosa identidade", aseverou

Esta é a segunda gran manifestación en contra deste proxecto, despois da multitudinaria marcha que percorreu as rúas de Palas de Rei o pasado mes de maio.
 

Altri non 2
Altri non 2


Marta Gontá pediulle ao presidente da Xunta “que non sexa cómplice da implantación pola forza dunha industria altamente contaminante que nos obrigaría a vivir peor a cambio de beneficios privados para catro". Diante da actitude da Xunta e a falta de comunicación coa veciñanza a respecto do proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei, a Plataforma Ulloa Viva advertiulle a Rueda que “si insiste en estar ao lado da empresa e non dos veciños e veciñas, teranos en fronte".

 

O presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido, tamén explicou en declaracións aos medios que o modelo da macrocelulosa de Altri e a Mina de Touro “non ten en conta ao territorio nin á xente nin a nosa forma de vida e cultura”. Segundo dixo Rubido “é un modelo colonial onde espolian os bens dun lugar e marchan cando o teto está seco, deixando atrás unha terra queimada”.

 

Ao comezo da mobilización, o presidente da PDRA advertiu que este modelo que está a impor a Xunta do PP “destrúe o noso emprego, favorece o cambio climático, contamina o medio do que vivimos e arruína a nosa soberanía alimentaria”. Diante deso, Rubido criticou que “ese é o modelo que impulsa e publicita o goberno da Xunta de Galicia. As persoas que vivimos nesta terra non lle importamos nada”.


 

Manifesto

 

A lectura do manifesto desta convocatoria correu a cargo de Raquel González Borrajo, veciña de Agolada e membro da Plataforma Ulloa Viva, e María Porto, presidenta das Mariscadoras a pé de Carril (PDRA). Comezaron explicando que “non queremos a macrocelulosa que Altri, Greenalia e a Xunta queren cravar no corazón de Galicia. Non queremos un monstro que mastique eucalipto para vomitar 400.000 toneladas de celulosa, non queremos unha sanguijuela xigante que absorba 46 millóns de litros de auga do Ulla ao día e devolva unha parte sucia e quente, non queremos 100.000 toneladas de gases efecto invernadoiro, non queremos unha bomba ambiental que afogue o río e dane aínda máis o mar de Arousa”.

 

Foto 30 xuu00f1o
Foto 30 xuu00f1o

 

 

Despois de expor os datos ao redor da captación de auga que Altri pediu á Xunta o pasado mes de decembro, pendente de decidir por parte do Goberno galego, aseguraron que “Augas de Galicia, o organismo competente da Xunta, debería emitir unha resolución  negativa e evitar así o descrédito da súa independencia técnica e científica. Nós estámosllo esixindo hoxe aquí ben alto e claro”.

 

Aludindo ás declaracións do Consello da Xunta como Proxectos Industriais Estratéxicos (PÉ) o de Altri (en decembro de 2022), e o da Mina de Touro (o pasado 24 de xuño), afirmaron na lectura do manifesto que “o seu mal chamado progreso vai en contra da propia vida, do Ulla e das xentes que habitamos o territorio. Preguntámonos para quen son estratéxicos estes proxectos”. Neste sentido, dixeron que “queremos dicirlle a ese suposto gabinete da Xunta que supostamente decide que industrias son estratéxicas que o ten que facer de verdade. E para facelo de verdade ten que estudar as verdadeiras necesidades dos sectores agrogandeiro, pesqueiro e marisqueiro, a necesidade das que vivimos e traballamos sobre o territorio”.

 

Foto 30 xuu00f1o 3
Foto 30 xuu00f1o 3

 

Arrodeando Sa Caetano, criticaron que “á Xunta do señor Rueda, que máis que un presidente de todas as galegas e galegos parece o comercial de Altri, importámoslle ben pouco”. Lembraron que “presentamos máis de 20.000 alegacións e teima en dicir que deciden os técnicos. E ese suposto gabinete inventado non é máis que unha tapadeira, un parapeto detrás do que esconder as decisións políticas do señor Rueda”.

 

Puxeron ademais na lectura do manifesto o foco no Goberno do Estado, asegurando que “debe saber que o pobo galego non quere a Altri, non quere un proxecto que converta a terra e a auga en miseria. Non pode dar luz verde a un proxecto que incumpre todos os principios para non causar danos significativos ao medio ambiente. Non é posible que un proxecto como Altri poida optar a fondos europeos. E todos sabemos que sen o diñeiro público, sen o diñeiro de todas e todos nós, sen eses 250 millóns que a multinacional pretende extraer de Europa, non haberá macrocelulosa”.

 

Ao final do acto, concluíron que “é o Goberno galego o que debe cesar no seu apoio á macrocelulosa. É o Goberno de Madrid o que debe negar a este proxecto as axudas europeas. Os gobernos existen para facilitar a vida das persoas, non para atacarnos. Os gobernos existen para apostar por esta terra e polo seu futuro. Queremos seguir vivindo e traballando na nosa terra e por iso berramos ben alto e ben claro con todo o noso corazón: Altri non!”.

 

Ao final da lectura do manifesto, un grupo de 20 músicos chegados de distintos concellos de todo o Ulla até a Ría de Arousa subiron ao escenario para interpretar unha adaptación con letra de Miki Varela da cantiga tradicional compostelá “Ou Monte Viso”.


 

Colaboracións

Desde a PDRA destacan a colaboración das Confrarías da Ría de Arousa, das Agrupacións de bateeiros, de moitos concellos da zona ou a Mancomunidade do Barbanza. Ademais agradecen á Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra o seu posicionamento en contra da instalación da celulosa de Altri. Desde a Plataforma Ulloa Viva tamén agradecemos a todos os colectivos e asociacións que nos apoian nesta loita, que hoxe volveron saíaa á rúa na defensa de Galicia, e ao traballo de todos os colectivos e grupos vivos Que integran a plataforma por todo o país e sen os que non sería posible o acto reivindicativo celebrado hoxe en Compostela.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE