O 061 está "a avaliar as medidas a tomar" con Ambulancias do Atlántico, pero garante a asistencia

Consultada por Galiciapress, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 explica que, aínda que recoñecen a inquietude pola situación na área de Vigo, a asistencia en servizo de urxencia e emerxencia extrahospitalaria está garantida.


|

Archivo - Nota E Fotos: O 061 De Galicia Asistiu Preto De 2.000 Persoas Por Accidentes De Tráfico Ao Longo Do Verán
Foto: EP

 

A medida que pasan as horas os tanques de gasolina das ambulancias que prestan os servizos de urxencias e emerxencia extrahospitalaria de Vigo, Cangas e Moaña vanse baleirando. Na situación actual, coa empresa Ambulancias do Atlántico ao bordo da quebra e cun xerente referindo un ataque de amnesia polo que estivo desaparecido e hospitalizado, os sindicatos advirte que as ambulancias non poderán prestar servizo urxente a partir do mércores, cando calculan esgotarán os seus recursos. No entanto, desde o 061 lanzan unha mensaxe de calma.

 

 

GARANTÍAS E "MEDIADAS" A ESTUDO

A preguntas de Galiciapress, desde a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, "encargada de prestar o sevizo de urxencias e emerxencias extrahospitalaria en Galicia", subliñan que este é "un servizo esencial" e que, como tal, "debe prestar á poboación en calquera circunstancia". 

 

Un exemplo deste compromiso vímolo nas xornadas de folga, onde os servizos mínimos establecido son do 100%. "Garántese a prestación do servizo as 24 horas do día, os 365 días do ano en todos os puntos da Comunidade Autónoma galega", reafirman, algo que xa fixeron a semana pasada a este diario, antes de que o conflito escalase desta maneira. 

 

"A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é consciente da preocupación dos traballadores de Ambulancias do Atlántico", subliñan desde o 061, motivo polo cal adiantaron a reunión programada para hoxe ao venres pasado, cun novo encontro agendado para este mércores 17 de abril.  

 

Nestes momentos "están a valorarse as medidas máis acomodadas nesta situación segundo a lexislación vixente" despois de alcanzar o compromiso ante os sindicatos de desvincular os contratos con Ambulancias do Atlántico. 

 

Desde o 061 sosteñen que se está "traballando de maneira responsable e comprometida coa poboación para garantir a asistencia sanitaria urxente", de forma que os usuarios "non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis axeitada ás súas necesidades".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE