"Un semáforo custa menos que dúas vidas" reclaman a Adif veciños de Recimil sobre o paso a nivel
O Partido Popular de Lugo apoia a protesta para conseguir melloras na seguridade do paso a nivel nestas parroquias do Concello de Lugo. Un tren segou a vida de dous ozosestudantes de FP en prácticas o 12 de xullo nun accidente que aínda se está investigando.

Veciños de Recimil e Coeo en Lugo concentráronse ante a Subdelegación do Goberno para esixir a colocación dun semáforo no paso a nivel onde faleceron, en xullo, dous mozos.
A protesta foi convocada polas representacións veciñais, entre as 12,00 e as 13,00 horas, co obxectivo de reclamar a Adif que coloque un semáforo, á espera de suprimir o citado paso a nivel, principal demanda dos veciños.

Fano despois de que protagonicen diversas protestas para denunciar a falta de seguridade no paso a nivel sen barreiras e no que dous mozos, de 19 e 21 anos, faleceron cando o seu coche foi arroiado por un tren de viaxeiros durante uns 200 metros.
Roberto López, representante da Asociación de Vecinos Coeo, asegurou que a súa petición a Adif pasa pola instalación dun semáforo "mentres non se suprime o paso a nivel, que iso leva máis tempo".
En canto á concentración ante a Subdelegación do Goberno, sinalou que o convocaron ante a súa petición para que se lles informase dos pasos a este respecto. No entanto, dixo que, por agora, "non se lles informou de nada".
Escribe o teu comentario