Un estudo aborda a relación entre os indendios forestais e o cambio climático

Unha tese doutoral da USC constatou un aumento significativo na velocidade de propagación dos incendios por mor da redución da humidade dos combustibles asociada ao aumento de temperatura


|

Incendio provocado en Seixalbo, Ourense
Arquivo - Incendio provocado en Seixalbo, Ourense

Durante os últimos anos parece que nos preocupa máis a posible relación entre o quecemento global e a aparición cada vez máis frecuente de incendios forestais. Só fai falta lembrar os lumes que por estas datas o pasado ano deixaban desolados centos de hectareas de terreo nos municipios de Valdeorras e Ou Courel.

 

O Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías da USC (CRETUS) arroxou luz sobre este asunto, a través da tese doutoral do físico Martín Senade Rivera, que aborda cuestións como as interaccións entre os medios forestais e a atmósfesra nun contexto de cambio climático. O investigador constantó nas conclusións do seu estudo un aumento significativo na velocidade de propagación dos incendios por mor da redución da humidade dos combustibles asociada ao aumento de temperatura.

 

Esta tese doutoral, que obtivo mención cum laude e foi financiado por Ministerio de Ciencia e Innovación e pola Unión Europea, desenvolveuse no marco do proxecto RESPIRO, que ten por obxectivo a caracterización entre os incendios forestais e a atmosfera. Grazas a este estudo se puido detectar a influencia do cambio climático na orixe de determinados procesos convectivos profundos na atmosfera orixinados polos fluxos de calor dos incendios, un proceso que se coñece como piroconvección e que pode derivar nunha propagación rápida e errática do lume.

 

O CAMBIO CLIMÁTICO EN GALICIA

Galicia non se quedou atrás no cambio climático, pois do mesmo xeito que o resto do mundo, os termómetros das localidades galegas, especialmente os da cousa, aumentaron. Segundo datos do proxecto Copernicus da Unión Europea, Galicia aumentou de media 1,33 ºC. Na costa, estas cifras parecen ser máis acusadas, chegando chegando a máis de 3 graos nalgún municipio do litoral.

 

De feito, en toda España, segundo indica o estudo, non se rexistrou ningún municipio cuxa temperatura media descenda ou se mantivo igual desde os anos 60 até a actualidade. Galicia é a cuarta comunidade autónoma onde máis aumentou a temperatura en España, tan só superada por Baleares , Madrid e Aragón.

 

Por cidades, Ferrol e A Coruña é onde máis han subidos os mercurios. Desde os anos 60 até 2018 na cidade departamental han aumentado 2,93 ºC (26%), mentres que na urbe coruñesa os termómetros subiron de media desde os 11,89 aos 15,12 (3,23 graos de diferenza e un 27% máis).

 

EVOLUCIÓN DOS INCENDIOS

Os datos dos incendios en Galicia , do mesmo xeito que se corrobora no estudo publicado pola #USC, aumentaron de media nas últimas décadas. Segundo datos da Consellería do Medio Rural, o último ano 2022 foi, xunto co 2017, un dos que máis hectáreas deixaron calcinadas nos montes galegos, chegando a sumar, no caso do pasado ano, 51642,58 hectáreas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE