Protestas en Vithas Vigo, con "soldos menores ao salario mínimo"

O equipo do centro médico privado Vithas de Vigo, pertencente ao grupo homonimo e con tres sedes laborais en Vigo, levou a cabo hoxe unha manifestación fronte á entrada do centro situado na rúa Troncoso para demandar acordos coa compañía que resulten en melloras salariais, xa que a recente actualización do convenio provincial resúltalles insuficiente. 


|

23 06 19 Protesta Vithas Vigo 03 15c55361
 Protesta en Vithas Vigo en foto de Cig

Os manifestantes indican que na empresa participan diversos tipos de profesionais, desde técnicos de laboratorio e enfermeiros/as até persoal de xestión, e que o convenio actual establece salarios por baixo dos 1080 euros establecidos como salario mínimo interprofesional.

 

As centrais indican que as mobilizacións durante o tempo de descanso do persoal continuarán este mércores 21 no centro da rúa Paraguai e o venres 23 no da rúa Lepanto, ambas as ás 11:00 horas.

 

Segundo a CIG-Saúde, o convenio provincial vixente contempla salarios reducidos e acumulou unha significativa perda do poder adquisitivo. Neste contexto, recalcan que noutras empresas do grupo, a dirección alcanzou acordos para mellorar os salarios, "pero neste caso négase a negociar co comité de empresa de Vithas Diagnósticos Vigo".

 

23 06 19 Protesta Vithas Vigo 02
 Protesta en Vithas Vigo en foto de Cig

 

 "A perda do poder adquisitivo é evidente na última actualización do convenio, empeorada pola eliminación de complementos que adoitaban facer competitivos os salarios nesta empresa" engade a central nacionalista.

 

En consecuencia, os representantes sindicais (4 delegados/as da CIG e 1 da  #CSIF) estiveron solicitando durante un tempo que a dirección estableza acordos empresariais que actualicen os soldos do persoal. "A resposta da empresa sempre foi negar a posibilidade de calquera tipo de diálogo". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE