Cofano reúne por centos de axentes do sector farmacéutico en Expofarma 2023

Esta cooperativa é o único axente galego no sector de distribución de medicamentos ás farmacias, que está a experimentar un cambio moi importante, debido ás novas tecnoloxías e á competencia da distribución directa a través de Internet,a pesar de que segue sendo ilegal comercializar medicamentos suxeitos a prescrición médica por esta canle.


|

Máis de 60 expositores déronse cita nun evento que se expón como unha ferramenta útil para pór en contacto, nun só espazo e durante unha única xornada, aos principais laboratorios de parafarmacia e OTC cos centos farmacéuticos socios da cooperativa.

 

 

202305 Expofarma Cofano 2023
202305 Expofarma Cofano 2023

A cooperativa galega de distribución farmacéutica Cofano reuniu durante este martes, 23 de maio, a máis de 250 axentes do sector, entre representantes da industria e farmacéuticos, en Expofarma 2023, a xornada profesional que organiza xunto ao Grupo Unnefar para as cooperativas socias e que se celebrou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

 

 

 



Máis de 60 expositores déronse cita nun evento que busca ser "unha ferramenta útil para pór en contacto, nun só espazo e durante unha única xornada, aos principais laboratorios de parafarmacia e OTC cos farmacéuticos socios da cooperativa", así como "as novidades de servizos que ofrece a cooperativa en exclusiva para os socios e as Solucións CF para a dixitalización real da farmacia", apuntan os organizadores.

Durante a xornada, ademais do espazo expositivo de laboratorios, desenvolvéronse varios relatorios complementarios. Ao mediodía, Juan do Rio, director xeral do Grupo Unnefar, presentou a primeira sesión formativa impartida polo farmacéutico Jaume Guillén i Relat, quen explicou a importancia dos servizos na farmacia como panca de fidelización cos pacientes.

Pola tarde, o coach, humorista e conferenciante Meigo More foi o encargado de impartir a sesión: 'As claves do poder positivo do cambio', introducido por José Fernández, director xeral de Cofano, quen se dirixiu aos asistentes para clausurar esta edición de Expofarma.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE