Policías e vixiantes de seguridade pecan de racismo institucional, din o Bloque e outros nacionalistas
#BNG, Esquerra Republicana (#ERC) e Bildu pon como exemplo o caso de Samba Martine, congolesa falecida nun Centro de Internamento de Estranxeiros sen recibir atención médica. A Xustiza non viu delito penal no seu falecemento pero o Ministerio do Interior acabou recoñecendo responsabilidade patrimonial á súa familia.
A Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia (ECRI), un organismo de control pertencente ao Consello de Europa, criticou en anteriores ocasións que as policías establecen perfís raciais nas súas investigacións, sobre todo a raíz do aumento de atentados islamitas.

Esquerra Republicana (#ERC), Bildu e o BNG expuxeron este xoves a creación dunha comisión de investigación no Congreso para estudar o racismo "institucional" e "estrutural" que achacan a actuacións policiais e de empresas de seguridade co obxectivo de elaborar un diagnóstico sobre a discriminación racial na xestión da seguridade, tanto pública como privada.
No texto rexistrado, as tres formacións sinalan que en España "hai moitos casos de flagrante racismo institucional e violencia policial", enumerando os exemplos do asasinato da dominicana Lucrecia Pérez fai 30 anos, a primeira vítima recoñecida dun crime racista; a morte de Samba Martine, procedente de República Democrática do Congo, no CIE de Madrid; ou o do senegalés Mame Mbaye, que morreu en 2018 dun ataque ao corazón tras escapar dunha redada policial.
Para ERC, Bildu e BNG, as discriminacións raciais no ámbito da seguridade "tamén permanecen" en España. Recollen o V informe da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia (ECRI, polas súas siglas en inglés) sobre España, publicado en 2018, que indicaba que dos 1.328 delitos motivados polo odio rexistrados polo Ministerio do Interior en 2015 incluíanse dous intentos de homicidio racistas e un homófobo/tránsfobo; 212 agresións físicas; e 41 delitos de danos á propiedade. Entre os casos de agresión física, 128 (o 60,4 por cento) rexistráronse por motivos de racismo e xenofobia.
ENTRADA A DISCOTECAS
Engaden que esta discriminación non só se produce en mans de forzas de seguridade públicas, como Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e policías locais, senón que "a miúdo" se atopan casos flagrantes por parte de responsables de seguridade privada. SOS racismo denunciou as discriminacións que se producen no mundo do lecer, con establecementos que impiden o acceso de mozos pola súa orixe, etnia ou cor de pel.
Así, defenden a creación dunha comisión de investigación que se estenda até o final da lexislatura en curso e, ao finalizar, presente un informe que inclúa oun diagnóstico sobre as medidas a adoptar para evitar esta discriminación racial na xestión da seguridade.
Escribe o teu comentario