Galicia pecha xaneiro con pouco máis de 600 enfermos de Covid e un descenso nos hospitais

Hai 605 casos activos de Covid en Galicia nestes momentos. É unha cifra moi moi afastada dos 62.501 casos que había na comunidade a estas alturas o pasado 2022. Moi atrás quedan, por agora, os momentos máis críticos e perigosos dunha enfermidade que segue deixando falecidos, como a última vítima notificada polo SERGAS.

 


|

Hai 605 casos activos de Covid en Galicia nestes momentos. É unha cifra moi moi afastada dos 62.501 casos que había na comunidade a estas alturas o pasado 2022. Moi atrás quedan, por agora, os momentos máis críticos e perigosos dunha enfermidade que segue deixando falecidos, como a última vítima notificada polo SERGAS.

 

Desde o estalido da crise sanitaria son 4.058 as mortes que deixou o coronavirus na comunidade, segundo as contas da Xunta de Galicia. Con todo, case tres anos despois do inicio da pandemia, o escenario hoxe é case de absoluta normalidade.

 

A poucos días de que se retiren medidas como o uso obrigatorio de máscaras no transporte público, os contagios seguen marcando cifras moi moi baixas, con só 44 novos positivos, e a presión hospitalaria descende: 117 pacientes en planta -seis menos- e sete ingresados en UCI -un menos-.

 

 

O Servizo Galego de Saúde (#Sergas) notificou este mércores un novo falecido con covid, concretamente un home de 67 anos da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que morreu o luns, 30 de xaneiro, e que xa tiña patoloxías previas. Con el, a listaxe de vítimas que deixa a pandemia en Galicia sobe a 4.058.

Con todo, a tendencia descendente dos datos covid consolídase este mércores tanto nos casos activos como nos hospitalizados, de acordo con cifras ofrecidas pola Consellería de Sanidade e recollidas até as 18,00 do martes.

No que respecta aos casos activos, baixaron en 31 nas últimas 24 horas, até situar nos 605 pacientes computados oficialmente en toda a Comunidade, nun dos niveis máis baixos desde o outono de 2021.

 


Por áreas sanitarias, tan só subiu lixeiramente a de Santiago-Barbanza, até os 112 casos activos, dous máis, e mantívose na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 72.

No resto, replicouse esa tendencia descendente: a da Coruña-Cee baixou até 139 pacientes (-6); a de Lugo-A Mariña-Monforte a 94 (-10); a de Vigo a 87 (-8); a de Pontevedra-O Salnés a 58 (-5); e a de Ferrol a 43 (-4).

Todo iso nunha xornada na que o Sergas detectou 43 novos positivos, dos que 15 están concentrados na área da Coruña. Seguen a esta Santiago (9), Ourense (8), Ferrol (5), Lugo (3), Vigo (2) e Pontevedra (1).

En canto aos hospitalizados con covid, tamén diminuíron nas últimas horas até os 124 en total, sete menos. En concreto, son 117 en planta (-6) e 7 en unidades de coidados intensivos (-1).

Por áreas, os ingresados só soben nas de Lugo, a 16 (+2), e Ourense, a 19 (+1), á vez que se manteñen sen cambios nas de Vigo, con 14, e Ferrol, con 11. Á súa vez, descenden os hospitalizados con covid na da Coruña, a 32 (-6), na de Santiago, a 16 (-2), e na de Pontevedra, tamén a 16 (-2).

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE