Sanidade teme que a triada de Covid, gripe e pneumonía poida golpear con máis forza os hospitais

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, recoñeceu que o actual é "un momento complexo" pola circulación, ao mesmo tempo, do virus da gripe, a Covid e o VRS, pero considera que a situación está "razoablemente ben".

 


|

A Xunta admite que é "un momento complexo" pero que o SERGAS di telo "controlado" aínda que é a primeira vez que coexisten estas tres enfermidades con tanta virulencia.

 

"Agora mesmo está controlado, pero sempre nunha situación inestable, sobre todo se hai cambios nas variantes", recoñece García Comesaña.

 

Neumonu00eda
Foto: EP

 

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, recoñeceu que o actual é "un momento complexo" pola circulación, ao mesmo tempo, do virus da gripe, a Covid e o VRS, pero considera que a situación está "razoablemente ben".

"É un momento complexo. Por primeira vez coinciden tres virus. Antes chegaba primeiro o VRS e logo a gripe, pero estes últimos anos cambiou con outro actor, a Covid, que alterou toda esa relación. E este ano coexisten o tres", explicou o titular de Sanidade en Verín (Ourense).

Apuntou ademais que, polo momento, hai unha maior incidencia de VRS, "que parece que empeza a baixar", mentres que a gripe "aínda non chegou ao seu pico máximo". "De feito, aínda que hai que tomar os datos con prudencia, hai unha lixeira baixada da incidencia da gripe estes días", puntualizou.

Respecto da Covid, destacou que, aínda cunha incidencia baixa, a enfermidade "segue aí". Esa baixada nos casos, reivindicou, é grazas ao proceso de vacinación. "Agora mesmo está controlado, pero sempre nunha situación inestable, sobre todo se hai cambios nas variantes".

Afirma tamén Comesaña que non hai problemas en canto a ingresos hospitalarios, aínda que si hai unha maior afluencia no servizo de Urxencias, sobre todo de nenos a principios de novembro.

Precisamente son os máis pequenos, indicou, o grupo máis afectado. "Fundamentalmente, nenos por baixo dos tres anos, que non tiveran contacto cos virus e agora tiveron un contacto brusco, cun sistema inmunitario que non está adestrado para iso", explicou, aínda que insistiu en que, na súa maioría, son patoloxías leves que non requiren ingresos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE