Sanidade sanciona ao sanitario detrás da conta 'Enfermeira Saturada' tras criticar en televisión a precariedade do #SERGAS

A última intervención de Héctor Castiñeira, que xestiona a conta de Twitter 'Enfermeira Saturada', coincide no tempo cunha sanción imposta polo #SERGAS que fai caer ao profesional sanitario "780 postos" na "bolsa de emprego".

 


|

A última intervención de Héctor Castiñeira, que xestiona a conta de Twitter 'Enfermeira Saturada', coincide no tempo cunha sanción imposta polo #SERGAS que fai caer ao profesional sanitario "780 postos" na "bolsa de emprego". 

 

Desde o #SERGAS defenden que esta sanción non ten que ver coa súa intervención en televisión, pero a coincidencia molesta a Castiñeira, que o denunciou a través das redes sociais. 

 

Enfermera saturada
Captura da súa intervención no procrama laSexta Xplica

 

Case 200.000 persoas seguen en Twitter os pensamentos de' Enfermeira Saturada'. Detrás dese perfil escóndese Héctor Castiñeira, un profesional da sanidade galega que, como os seus compañeiros, sofre nas súas carnes a temporalidade, a precariedade, a falta de medios e demais males que acosan á sanidade pública. Desde as redes sociais, onde se converteu en voz autorizada, critica a situación do sector. A súa notoriedade levouno a participar en programas e faladoiros, como 'laSexta Xplica', onde hai uns días ofreceu o seu punto de vista sobre a temporalidade no #SERGAS. Días despois, foille notificada unha sanción da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

 

"Recibo unha carta asinada polo xerente do hospital: 1 ano penalizado ao final de bolsa de emprego. Caio 780 postos", lamenta o sanitario en redes. A decisión do #SERGAS, sostén, "non ten sentido nin razón", polo que iniciou o proceso para recorrer a penalización. Con todo, poderían tardar "até tres meses en responder". 

 

 

CRÍTICAS PÚBLICAS

Os seus 14 anos de experiencia nos que asinou máis de medio milleiro de contratos, as interminables listas de espera do #SERGAS, a "explotación" á que ven sometidos ou un salario por baixo dos 1.700 euros foron algúns dos argumentos presentados por Castiñeira.

 

 

"Está a haber dificultades para cubrir permisos de compañeiras, aos que teñen dereito, mesmo se están anulando, porque non hai enfermeiras", denuncia. "Si ás que hai penalízallas por 'erros administrativos' que levan meses resolver, e que son máis frecuentes do que debería, será peor", apostila a continuación.

 

Non é a primeira vez que Castiñeira intervén en televisión. 'Espello Público', de Antena 3 -onde opinou hai uns días-, 'Saber Vivir', de #TVE, ou 'Galicia por Diante', da RTVG, son outros dos programas nos que participou ao longo dos anos, ademais de escribir distintos libros da editorial Penguin Random House e participar en diversos foros e eventos, como o que se celebra este xoves en Sevilla, o Foro de Enfermaría 2022, no que participa a invitación do Colexio Profesional de Enfermeiros de Sevilla.  
 

 

"NADA QUE VER"

Desde o #SERGAS explican que a sanción "nada ten que ver" coas súas intervencións televisivas, senón que responde á "normativa de chamamentos". Así, din que aínda que a sanción foi emitida o 21 de outubro, a penalización foi imposta dous días antes. Con todo, a moitos lles escama esta coincidencia e temen que o verdadeiro motivo sexan as represalias de Sanidade polas súas denuncias en televisión.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE