Unións Agrarias mobilizarase ante Mercadona por "manter artificialmente baixos" os prezos do leite
Segundo lembra a organización, Mercadona ten o 30% do mercado do leite en España
Unións Agrarias anunciou que organizará mobilizacións contra os centros da cadea de suermercados Mercadona en protesta pola política comercial da compañía "para manter artificialmente baixos" os prezos do leite.
UUAA acusou á empresa valenciana nun comunicado emitido hoxe de "condicionar" as negociacións dos novos contratos de aprovisionamento.
A organización lembra que Mercadona ten "o 30% do mercado lácteo español" e considera que a compañía ha matenido "conxelados" os prezos do leite para facer de leste un "produto reclamo" dos seus supermercados.
Incidiu neste sentido que se trata dunha "estratexia artificial", xa que as explotacións lácteas deben facer fronte ás subidas dos custos, con aumentos de case o 70% na factura eléctrica e un 39% na alimentación do gando durante o último ano.
Subliñou tamén que Mercadona mantén prezos mentres que outras cadeas repercutiron xa este incremento de custos no prezo do cartón, algo co que, segundo Unións Agrarias, pretende "mellorar a súa conta de resultados".
Para a organización, a postura de Mercadona "pode contaxiar ao resto das superficies comerciais" a caer na venda a perdas dun produto que se emprega como "gancho" nos supermercados "para enganar ao consumidor con promocións trucadas".
Escribe o teu comentario