O BNG denuncia que o Sergas deixa sen pediatra a Arzúa

O portavoz do BNG de Arzúa denunciou a ausencia de pediatra no municipio, despois de que o Sergas non cubrise as vacacións dos facultativos


|

Centro de saúde arzua
Centro de saúde de Arzúa / Foto: Google Street View

Xoán Xesús Carril, portavoz municipal do BNG en Arzúa, denunciou este venres que o Sergas deixou sen pediatra ao municipio durante o que queda do mes de agosto e, asegura, "ata ben entrado setembro", por non cubrir as vacacións dos facultativos.

 

"Un verán máis vemos como Arzúa queda sen pediatra, como ocorre co servizo de matrona e co de medicina de familia, nos que tampouco se están cubrindo as vacacións do persoal", denunciou o portavoz do Bloque Nacionalista Galego.

 

Ha afimado tamén que os usuarios de pediatría de Arzúa veranse obrigados a desprazarse durante este tempo a outros municipiospara poder recibir asistencia médica, "coas dificultades que isto supón para moitas persoas".

Carril denunciou que "O PP á fronte da Xunta déixanos sen servizos públicos e o Goberno municipal nin se inmuta". O portavoz demandou tamén aos veciños que "non asuman estas situacións como normais" e que se animen a reclamar fronte ao Sergas por "unha asistencia sanitaria digna".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE