A Garda Civil multa por ir moi rápido a brigadistas que ían apagar un incendio, denuncia FAC-USO
A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira (FAC-USO) denunciou que están a chegar aos distritos forestais propostas de sanción, a instancia da Garda Civil de Tráfico, por exceso de velocidade, cando os efectivos acudían ás emerxencias.
O sindicato acusa a Medio Rural de non recorrer as multas por exceso de velocidade de brigadistas que actuaban en incendios.
"Parece obvio que nunha situación de emerxencia, cun rotativo posto, cando o condutor circulaba pola autoestrada ou pola autovía para acudir o máis urxentemente posible ao lugar do territorio galego que estaba a arder...", recalcan.

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira (FAC-USO) denunciou que están a chegar aos distritos forestais propostas de sanción, a instancia da Garda Civil de Tráfico, por exceso de velocidade, cando os efectivos acudían ás emerxencias.
O sindicato apunta que "o máis curioso" é que "desde os distritos forestais están a limitarse a identificar o condutor do vehículo que acudiu, como motobombista, durante a súa xornada laboral, a prestar servizo na loita contra os incendios" forestais.
Con iso, a Consellería do Medio Rural "incumpre, unha vez máis, co persoal do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais (SPIF), cando realiza simplemente un informe, pero non se presentan nin alegacións á proposta de sanción, nin tampouco se solicita a súa anulación debido a que o motobombista cometía un exceso de velocidade por acudir, o máis rápido posible, á zona onde se produciu un incendio forestal".
FAC-USO apunta que, "nalgún caso, chegóuselle a dicir ao condutor que son cen euros, pero que é mellor que a pague, porque así se lle queda só en cincuenta euros", cando o acollerse ao pago reducido implica, e supón, na práctica, "a imposibilidade de poder recorrer".
"Parece obvio que nunha situación de emerxencia, cun rotativo posto, cando o condutor circulaba pola autoestrada ou pola autovía para acudir o máis urxentemente posible ao lugar do territorio galego que estaba a arder, resulta xustificable que se dea traslado aos servizos xurídicos da propia Consellería do Medio Rural para que formulen, en todos os casos, os pregos de descargos correspondentes", destacan.
Escribe o teu comentario