Aparecen dúas persoas falecidas no interior dun vehículo calcinado en Campo Lameiro
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, informou que o achado se produciu sobre as 12.00 horas deste sábado nunha paraxe apartada do lugar de Caneda e foron uns senderistas os que deron o aviso ás autoridades
A Garda Civil investiga a aparición de dúas persoas falecidas no interior dun vehículo calcinado no municipio pontevedrés de Campo Lameiro.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, informou que o achado se produciu sobre as 12.00 horas deste sábado nunha paraxe apartada do lugar de Caneda e foron uns senderistas os que deron o aviso ás autoridades.
Losada explicou que a identificación dos cadáveres deberá realizar pola proba de ADN, dado o "nivel de deterioración". A Garda civil investiga os feitos e todas as hipóteses permanecen abertas.
"Agora, é o momento para deixar traballar aos axentes da Garda Civil e non facer especulacións que poidan comprometer a investigación", apuntou Abel Losada.
Escribe o teu comentario