Novo golpe ao narcotráfico na ría de Arousa con detencións e rexistros da Policía Nacional
O operativo antridroga saldouse, de momento, con media ducia de arrestos e polo menos cinco rexistros intervindo cocaína, heroína e haxix, entre outros.
A Policía Nacional ha desenvolvido este mércores un operativo antidroga na zona de Arousa, que se saldou, polo momento, con 6 detencións e a desarticulación dunha organización local de tráfico de estupefacientes.
Así o confirmou o subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada, que sinalou que a actuación foi levada a cabo por efectivos do GRECO da Policía Nacional desprazados desde Madrid.
Ademais das 6 detencións, practicáronse 5 rexistros en diferentes puntos e interviñéronse pequenas cantidades de cocaína, heroína e haxix, así como material para a manipulación destas sustancias.
Losada, que felicitou á Policía pola súa "profesionalidade", explicou que a operación segue aberta e que a causa foi declarada secreta. "Todos os golpes ao narcotráfico son sempre boas noticias", proclamou, e lembrou que "sacar droga da rúa" contribúe a mellorar a seguridade cidadá.
Escribe o teu comentario