Arden 30 hectáreas nun incendio forestal en Crecente esta noite que a Xunta dá por controlado

A mesma parroquia sufriu un incendio en 2020. A caída das temperaturas deste venres está a axudar a apagalo.


|

Incendio de Filgueira en una imagen de incendios Galicia Twitter
Incendio de Filgueira nunha imaxe de incendios Galicia Twitter


 

Un incendio rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, na parroquia de Filgueira, atópase controlado, segundo informou a Consellería de Medio Rural.
 

De acordo coas últimas estimacións, afecto a unha superficie de 30 hectáreas. O lume quedou controlado ás 08.38 horas de hoxe tras iniciar o xoves sobre as 23.27 horas.

Para o seu control, mobilizáronse, até o momento, entre medios materiais e humanos, un técnico, doce axentes, 17 brigadas, 18 motobomas e tres pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que esta a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE