Segundo falecido en accidente laboral en 24 horas: morre un operario en Pontevedra ao caer de 20 metros

Onte houbo que lamentar un morto en Santiago nun suceso moi similar ao desta mañá en Pazos, en Marcón.


|

Ambulancias
Ambulancias

 

Un traballador faleceu na mañá deste mércores en Pontevedra despois de sufrir unha caída desde unha altura duns 20 metros cando se atopaba realizando tarefas nunha nave situada no lugar de Pazos, en Marcón .

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar minutos antes das 09,00 horas deste mércores, un día despois dun incidente similar que custou a vida en Santiago a outro operario que caeu desde 10 metros ao ceder o tellado da nave na que se atopaba.

O traballador falecido este mércores na capital pontevedresa pertencía a unha empresa de reformas e servizos. Atopábase a unha altura duns 20 metros cando caeu ao baleiro e quedou tendido no solo.

Os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 desprazados ao lugar non puideron facer nada pola vida do traballador, morto no punto. Até a zona tamén se mobilizaron efectivos da Policía Local e Nacional para solicitar información sobre o suceso. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE