Atropelo mortal en Agolada: falece unha muller nova arrollada por un camión

Unha muller faleceu este luns no municipio pontevedrés de Agolada tras ser atropelada por un camión.


|

Os feitos sucederon de madrugada, pouco antes das 5 horas, na N-640. A densa néboa puideron provocar o sinistro.

 

Os equipos de emerxencias desprazados á zona só puideron confirmar o falecemento da vítima no lugar do imapcto.

 

Camiones
Foto: EP

 

Unha muller faleceu este luns no municipio pontevedrés de Agolada tras ser atropelada por un camión.

Segundo informou o 112 a través das súas redes sociais, o suceso tivo lugar pouco antes das 5,00 horas na N-640, no punto quilométrico 148.

O camioneiro sentiu un impacto e mesmo tiña danos no vehículo, pero tardou en dar conta de que era unha persoa e non un animal debido á néboa densa.

Coa chegada dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que recibiron o aviso por parte dos xestores do 112, confirmouse que se trataba dunha muller nova, que xacía xa sen vida. Así pois, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén se informou aos membros do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) de Lalín, aínda que a vítima estaba liberada e accesible.

 

INCONSCIENTE TRAS ENVORCAR O seu VEHÍCULO EN VIGO

Por outra banda, en Vigo , rexistrouse outro accidente de tráfico. Neste caso, unha saída de vía cuxa condutora quedou inconsciente polo golpe.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro, das 22:10 horas, localizouse na Avenida de Ramón Nieto, á altura do número 437, e, a pesar de envorcar o vehículo, puideron sacar a ocupante pola xanela do coche sen que fose necesaria a intervención dos bombeiros.

Dos coidados médicos ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que contaron, tamén co apoio dos axentes da Policía Local.

No dispositivo participan Urxencias Sanitarias de Galicai-061, a Garda Civil de Tráfico e o Grupo Supramunicipal de Emerxenxias (GES) de Lalín. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE