Un home falece ao ser atropelado en Arzúa
Segundo informou o 112, foi minutos despois das 10,00 horas cando un particular deu a voz de alarma e indicou que o suceso se produciu no quilómetro 58 desta vía, no lugar da Portela
Un home perdeu a vida tras ser atropelado na estrada N-547 ao seu paso polo municipio coruñés de Arzúa.
Segundo informou o 112, foi minutos despois das 10,00 horas cando un particular deu a voz de alarma e indicou que o suceso se produciu no quilómetro 58 desta vía, no lugar da Portela.
Até o punto desprazouse o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que só puido confirmar o falecemento do home, así como a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.
Escribe o teu comentario