Dan por extinguido tras 20 días o incendio de Pontesa que custou a vida a un traballador do Grupo Nogar

O Concello de Pontevedra pide á empresa que manteña unha liña de auga por prevención e máis vixilancia


|

Nave de Pontesa tras la extinción del incendio en las instalaciones donde el Grupo Nogar almacenaba grano.
Nave de Pontesa tras a extinción do incendio nas instalacións onde o Grupo Nogar almacenaba gran / @EP

Os bombeiros deron por extinguido o incendio da nave de Pontesa este sábado, despois de 20 días nos que estivo activo o lume que se cobrou a vida de Benito González Dopazo, un traballador do Grupo Nogar e concelleiro do PSOE de Marían que resultara con queimadura de terceiro grao.

 

O Concello de Pontevedra informou do fin deste dispositivo de emrgencia no que abradece a colaboración da Axencia Galega de Emerxencias, por colaborar con dous camións cisterna e persoal propio desde o pasado 6 de novembro.

Ademais, o goberno local ha dado instrucións ao Grupo Nogar para que manteña unha liña de auga por prevención e máis vixilancia sobre as montañas de gran que almacena nestas instalacións situadas en Ponche Sampaio, sobre as que non constaban licenza municipal.

 

O incendio foi declarado o pasado día 6 de novembro e a magnitude do mesmo obrigou a activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, coa consecuente mobilización de bombeiros chegados desde diferentes partes da Comunidade.

 

O lume provocou un total de tres feridos e un falecido: o traballado do Grupo Nogar e edil socialista en Marín, González Dopazo. O falecido tiña 59 anos e sufriu queimaduras no 85% do seu corpo, falecendo na madrugada do mércores, 9 de novembro, na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

 

Até este mesmo sábado, cando se deu o lume por apagado, continuaban os traballos de arrefriado da zona, dado que a fermentación de toneladas de gran almacenado aínda provocaba pequenos conatos.

 

O Concello de Pontevedra decretou, a raíz do suceso, o rexistro das instalacións do Grupo Nogar no seu complexo de Campañó. Ao comprobar as condicións de seguridade e almacenamento de 96.000 toneladas de cereal, máis do dobre que en Ponche Sampaio, o goberno local decretou o cesamento da actividade.


Esta decisión foi paralizada por un recurso da propia empresa. Ademais, o grupo Nogar valora levar o asunto aos tribunais porque, segundo defende, as súas instalacións do Cros cumpren cos parámetros de seguridade esixidos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE