O exalcalde de Ribadumia, 'Nené' Barral senta no baquillo dos acusados 21 anos despois da súa detención

A Fiscalía solicitou unha condena 10 anos de cárcere e 25 millóns de euros de multa


|

WhatsApp Image 2022 09 30 at 6.30.50 PM
O exalcalde do municipio pontevedrés de Ribadumia sentouse hoxe no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra

O exalcalde de Ribadumia, José Ramón Barral Martínez "Nené", sentouse hoxe venres no banco dos acusados da sección cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra tras 21 anos da súa detención. Nesta vista respondeuse á acusación que formula o fiscal contra el pola que pide que sexa condenado a 10 anos de cárcere e ao pago de 15 millóns de euros de multa.

 

Barral está acusado xunto a outras doce persoas por integrar, segundo Fiscalía, unha organización que introducía tabaco de forma ilegal en España. Concretamente, acúsaselle de introducir un alixo de 432.ooo paquetes de tabaco.

 

O Ministerio Público considérao como o líder dunha organización integrada por persoas de nacionalidade portuguesa, neerlandesa, suíza, croata, norteamericana, inglesa e polaca que entre 1996 e 2001 dedicouse á introdución en España e no territorio da Unión Europea de importantes partidas de tabaco de procedencia extracomunitaria.

 

A primeira sesión deste xuízo centrouse nas cuestións previas presentadas polos avogados, pero a vista oral non empezará ata o próximo día 15 de decembro, data sinalada polo tribunal para poder estudar todas as peticións formuladas.

 

Neste sentido, a avogada de 'Nené' Barral, Carmen Ventoso, alegou "incompetencia de xurisdición" ao considerar que o caso debería ser xulgado pola Audiencia Nacional.

 

Rexeitou, así mesmo, que o seu cliente cometese un delito de contrabando ou de suborno, xa que os catro contedores de tabaco que foron incautados non chegaron a saír da Zona Franca do porto de Vigo, unha zona exenta de leis contra o contrabando e cando aínda había posibilidade de declarar a mercadoría.

Ademais, a avogada apuntou que os delitos estarían xa prescritos pois "estamos en 2022 e estes feitos ocorreron en 1999".

 

Os letrados que exercen a defensa do resto de acusados adheríronse a estas cuestións sumando tamén peticións de nulidade das actuacións, argumentando que foi unha investigación "prospectiva" con escoitas a máis de cen teléfonos dunhas setenta persoas por espazo de dous anos, autorizadas polo xulgado de instrución número 1 de Vilagarcía, que por aquel entón dirixía o xuíz José Antonio Vázquez Taín.

 

Os avogados defensores dos axentes de Vixilancia Aduaneira e da Garda Civil acusados nesta causa tamén argumentaron que estes feitos non poden ser xulgados por "causa xulgada", porque xa se lles xulgou e absolveu no Tribunal Supremo polo mesmo delito.

O fiscal nega tal circunstancia, pois a causa á que se refiren era por tráfico de haxix e, aínda que serían os mesmos autores, serían distintos feitos. Así as cousas, o fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, rexeitou todos estes argumentos e solicitou a celebración do xuízo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE