Positivo en alcol e drogas tras saltarse un control e fuxir da policía en Redondela

Un condutor fuxiu dos axentes na madrugada do venres tras tentar saltarse un control policial, chegando a alcanzar os 140 quilómetros por hora


|

Arquivo - Coche da Policía Local de Tui.
Arquivo - Coche da Policía Local

Un condutor foi interceptado a pasada madrugada despois dunha persecución pola localidade pontevedresa de Rendondela, na que alcanzou unha velocidade de 140 quilómetros por hora, tras saltarse un control policial.

 

O home tratou de eludir un control que estaba situado nunha travesía da N-550 á altura da Rúa do Muro. A persecución prolongouse durante case 3 quilómetros por camiños da parroquia de Cedeira, segundo informou a Policía Local.

 

Unha vez interceptado, a policía descubriu que o condutor carecía de permiso de conducir e manexaba un coche coa ITV caducada. Deu positivo na proba de alcoholemia e na de drogas.

Tras inspeccionar o vehículo, os axentes atoparon substancias estupefacientes e un can de "raza potencialmente pelibrosa" que carecía da documentación necesaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE