A Xunta desactiva a alerta por proximidade a casas no incendio de Ponte Caldelas
Medio Rural desactivou sobre as 10:15 horas deste domingo a alerta por proximidade ás casas no incendio declarado o venres na parroquia de Xuntáns, (Ponte Caldelas), que ata o momento calcinou unhas 380 hectáreas
A Xunta desactivou esta mañá, ao redor das 10:15 horas, a alerta por proximidade ás casas do incendio declarado o venres na parroquia de Xuntáns, no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas. A 'Situación 2' deste incendio decretouse pola proximidade das chamas ao núcleo de poboación da Canicouva, no municipio veciño de Pontevedra. Con todo, segundo explicou a Consellería do Medio Rural, "o risco xa remitiu"
Para este lume mobilizáronse para tratar de controlalo cinco técnicos, 24 axentes, 58 brigadas, 41 motobombas, catro pas, oito avións e 10 helicópteros, así como a Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Escribe o teu comentario