O Goberno de España prohibirá o uso de Instagram, TikTok ou Twitter aos menores de 16 anos
O presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, anunciou a medida, unha regulación que será aprobada no próximo Consello de Ministros. Sánchez explicou esta iniciativa desde o Cume Mundial dos Gobernos en Dubái nun intento por regular o uso das redes sociais a idades temperás.
“As redes sociais convertéronse nun Estado errado, onde se ignoran as leis e toléranse os delitos”, censurou Sánchez na súa intervención.
A medida non busca só limitar o acceso ás redes sociais, senón que compañías como Facebook, X ou Tik-Tok deberán aplicar sistemas axeitados para evitar a manipulación de algoritmos.
Escribe o teu comentario