Pedro Sánchez convoca por sorpresa eleccións xerais para este mes de xullo (vídeo)
Os malos resultados do PSOE e os pésimos dos seus socios de Podemos nos locais do 28M provocan un brusco cambio na estratexia dos socialistas que non esgotarán o mandato. "A convocatoria formal das eleccións aparecerá publicada mañá martes no Boletín Oficial do Estado, de forma que os comicios se celebrarán o domingo vinte e tres de xullo" declarou un remagarido Pedro Sánchez na Moncloa nunha comparecencia sen preguntas.
Tras aceptar persoalmente a derrota electoral do Partido Socialista Obreiro Español (#PSOE) nas eleccións autonómicas e municipais do domingo, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou un adianto das eleccións xerais para o próximo 23 de xullo.
Os socialistas perderon gran parte do poder territorial que tiñan até agora. Das nove comunidades autónomas que gobernaba, o PSOE perdeu seis. O PSOE sufriu unha derrota nas eleccións municipais do domingo, obtendo tres puntos menos que o Partido Popular (#PP).
Aos seus socios de Podemos foilles mesmo peor, quedar fose de asembleas como a de Madrid ou do concello da capital de España.
Emiliano García Page foi o único líder socialista autonómico en reter a maioría absoluta, repetindo en Castela-A Mancha, mentres que os socialistas continuarán á fronte de Asturias co apoio de EU e Podemos, así como en Navarra, onde María Chivite anunciou que buscará o respaldo dos seus actuais socios.

Nunha declaración institucional realizada en Moncloa, sen permitir preguntas, Sánchez informou ao Rei Felipe VI sobre a convocatoria dun Consello de Ministros extraordinario e a disolución das Cortes. O presidente do Goberno afirmou: "Acepto os resultados" e decidiu acatar o "mandato democrático da vontade popular".
Acabo de manter un despacho coa súa Maxestade o Rei no que comuniquei ao xefe do Estado a decisión de convocar un Consello de Ministros esta mesma tarde para disolver as Cortes e proceder á convocatoria das eleccións xerais en uso da prerrogativa que a Constitución atribúe ao presidente do Goberno. A convocatoria formal das eleccións aparecerá publicada mañá martes no Boletín Oficial do Estado, de forma que os comicios se celebrarán o domingo vinte e tres de xullo, de acordo cos prazos que establece a lei. Tomei esta decisión á vista dos resultados das eleccións celebradas onte,
Escribe o teu comentario