O PSdeG asegura levar propostas "útiles" ao DEA ante a "ausencia de proxecto" da Xunta

Os socialistas galegos preparan o Debate sobre o Estado da Autonomía e entre as propostas destacaron a creación dun Banco Público de Aluguer


|

La viceportavoz del Grupo Parlamentario Socialista, Elena Espinosa.
 

A viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Elena Espinosa, anunciou que o PSdeG levará ao Debate sobre o Estado da Autonomía, que terá lugar este mércores, propostas "concretas, útiles e realistas" fronte á "ausencia de proxecto" da Xunta.

Entre as propostas, destacou a creación dun Banco Público de Aluguer co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda, especialmente para os jóvenes, ou un plan de "reforzo urxente" da Atención Primaria para "garantir unha sanidade pública accesible e de calidade en todo o territorio".

Neste contexto, Espinosa reclamou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "aproveite" o Debate para "dar explicacións á cidadanía e fuxir da autocompracencia que o caracteriza". Así, denunciou que, tras un ano de goberno, "os problemas de fondo seguen sen resposta".

"Temos a sanidade pública nun dos seus peores momentos, o acceso á vivenda está bloqueado, o galego perde falantes, os concellos están a asumir e pagando funcións que lle corresponderían á Xunta e o apoio á industria practicamente desapareceu", lamentou a socialista.

Ademais, o PSdeG lembrou nunha nota de prensa a recente crise dos aranceis do presidente estadounidense, Donald Trump, como exemplo da "falta de resposta real" do goberno galego. Con todo, Espinosa asegurou que, se non hai sorpresas, espera un debate "con máis do mesmo".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE