O candidato á portavocía do BNG, Gustavo Barcia, crea a súa alternativa para "mellorar" a formación

Gonzalo Barcia defendeu que no BNG haxa diferentes candidaturas de face á próxima asemblea nacional e é que a "diversidade de pareceres e opinións" é algo que "enriquece e potencia" a organización e "permite ampliar" a súa base social para chegar a máis sectores da sociedade


|

BARCIA
BARCIA

'Alicerce', a candidatura encabezada por Gustavo Barcia que concorrerá á XVIII Asemblea Nacional do BNG, nace cun espírito "claramente construtivo" e, en definitiva, para "mellorar" a formación nacionalista.

As tres listas que o domingo día 1 de decembro concorrerán a liderar o BNG están encabezadas pola actual portavoz nacional, Ana Pontón; a deputada autonómica Noa Presas 'En Movemento', e o portavoz municipal en Mos, Gustavo Barcia 'Alicerce'.

"Alicerce nace para poder fortalecer os principios e pór en común as ideas e participar dunha forma máis activa na propia organización", explicou Barcia este sábado na presentación da candidatura en Santiago.

Neste sentido, detallou que o seu colectivo ten tres eixos fundamentais: reforzar a participación da base militante en todos os sectores do BNG, a igualdade e a diversidade e o ecoloxismo.

Desta forma, remarcou que "deben buscar novos mecanismos" que "melloren e intensifiquen" a toma de decisións colectivas e que "toda a militancia" senta implicada e participa nelas.

En referencia ao segundo punto fundamental da súa organización, sinalou que actualmente se vive un momento de "ofensiva reaccionaria contra o feminismo" e débense reforzar "os poucos avances" que se conseguiron nos últimos anos, non só co discurso político, senón coa formación e a divulgación.

En materia de ecoloxismo subliñou que se debe de ter un "discurso claro, estudado cientificamente e contundente" que ten que "ir da man" deou n "cuestionamiento absoluto" do modelo capitalista que "está disposto" a "arrasar o planeta" para beneficiar a uns poucos.

"En Galicia coa escusa dunha falsa economía verde preténdese impor un 'boom' eólico que non é sostible, nin é respectuoso co medio e con Galicia", criticou.

"A DIVERSIDADE DE OPINIÓNS ENRIQUECE Ao BNG" 
Así mesmo, Barcia defendeu que no BNG haxa diferentes candidaturas de face á próxima asemblea nacional e é que a "diversidade de pareceres e opinións" é algo que "enriquece e potencia" a organización e "permite ampliar" a súa base social para chegar a máis sectores da sociedade.

"Alicerce nace coa vontade de construír dentro do BNG para que Galicia teña un presente e un futuro máis democrático, máis feminista, máis diverso e ecoloxista", esgrimiu.

A preguntas dos medios de comunicación, puntualizou que esta corrente política dentro do BNG "non é unha cuestión de crítica", senón que buscan "profundar neses ámbitos" e que se "tomen medidas máis atrevidas" nalgunhas cuestións.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE