Sumar afúndese, a Podemos supérao PACMA e Vox irrelevante

As candidaturas de Marta Lois, Isabel Faraldo e Álvaro Díaz-Mella deron en óso duro e non terán representación no parlamento galego. Doutra banda, o partido animalista PACMA supera a Podemos con case 1.000 votos. 


|

El líder de VOX, Santiago Abascal, llega a una rueda de prensa tras la reunión del Comité de Acción Política de VOX, en la sede del partido, a 12 de febrero de 2024, en Madrid (España). Durante
O líder de VOX, Santiago Abascal, chega a unha rolda de prensa tras a reunión do Comité de Acción Política de VOX, na sede do partido, a 12 de febreiro de 2024, en Madrid (España). Durante 


 

O PP volveu a consolidar unha maioría absoluta con rotundidade e cun candidato ao que algúns propios e moitos estraños, non lle daban ningunha oportunidade de recalar na presidencia autonómica. Este feito vén demostrar que até o momento ningunha outra forza de dereitas con implantación estatal puido arrebatarlle nin un escano nas dúas últimas décadas. Quizá isto deixábase notar na languidez da candidatura de Vox, cuxo cabeza de lista, Álvaro Díaz-Mella, fixo unha campaña máis ben discreta deixando as palabras máis grosas ao seu líder Santiago Abascal. Pero se isto ocorre na dereita, a esquerda en Galicia fixo un espectáculo das súas divisións e diferenzas no concernente a dúas forzas en teoría “irmás”: Sumar e Podemos. Nin Marta Lois nin Isabel Faraldo conseguiron espertar a suficiente ilusión entre antigos votantes das mareas e quen non querían apostar por BNG e PSOE. 


 

SUMAR E PODEMOS: DOUS IRMÁNS E UNHA “LEIRA”

Marta Lois deixaba o seu posto no Congreso dos Deputados para asumir o reto da candidaturar de Sumar en Galicia. Detrás contaba coa “potencia” de Yolanda Díaz, quen si apostara forte pola súa formación despois dos resultados nas eleccións xerais de 2023. Con todo, e ante as desavinzas entre Sumar e a forza matriz desde a que despegou, Podemos, o electorado preferiu derivar forzas a outras alternativas políticas máis consolidadas no ámbito galego.

 

As diferenzas entre as dúas forzas deixáronse notar sobre todo no relativo a priorizar determinadas políticas, aínda que o persoal desde Madrid contou moito. Isabel Faralo tiña por diante un reto quizá aínda maior que o de Lois, e era poder seguir mantendo o nome Podemos entre o electorado, algo que non conseguiu. 

 

La líder de Sumar, Yolanda Díaz (2i); la candidata a la Presidencia de la Xunta, Marta Lois (2d), y el portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López (1d), durante un acto de campaña en la Facultad
A líder de Sumar, Yolanda Díaz (2i); a candidata á Presidencia da Xunta, Marta Lois (2d), e o portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López (1d), durante un acto de campaña na Facultade


 

Así, ambas as formacións estiveron pelexando por un espazo de esquerdas que desde o primeiro momento era moi reducido e circunscrito case en exclusiva ás cidades do Eixo Atlántico. Lois e Faraldo escenificaron unha loita por unha “leira” que non daba máis de si. Quizá un exemplo da desilusión que provocaron estas dúas forzas está en que o partido animalista PACMA obtivo 5.115 votos fronte aos 3.685 de Podemos. Sumar polo seu lado, aglutinou 26.697 papeletas.

 

La candidata de Podemos Galicia a la Presidencia de la Xunta, Isabel Faraldo, en la manifestación de la sanidad
A candidata de Podemos Galicia á Presidencia da Xunta, Isabel Faraldo, na manifestación da sanidade


 

VOX, NON PUIDO SER

Álvaro Díaz-Mella quixo bater en duelo con Rueda no mesmo arco político. Non foi posible. Aínda que a dereita é pródiga en apoios dentro das catro provincias galegas, a ultradereita non deixou de ser unha forza testemuñal nas eleccións autonómicas de Galicia. 

 

A forza de Vox recaía sobre todo no ámbito urbano e en persoas ou ben desencantadas co PP, ou ben en xente con escaso coñecemento da memoria histórica. O ideario desta xente era compartido por redes sociais, espazo altamente frecuentado pola mocidade, quizá creron que por aí sacarían algo.

 

O caso é que non puido ser. Vox non rabuñou sequera a superficie da coraza do PP. Non deixou pegada nin deixou a marca coa que algúns soñaban. De momento a ultradereita é residual en Galicia. 


 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE