O novo ministro de Sanidade será un galego, José Miñones, até agora delegado do Goberno
Miñones sempre foi considerado un dos homes fortes do sanchismo en Galicia. A súa elección confírmao e parece afastalo, polo menos por agora, dunha eventual carreira electoral para a Xunta de Galicia.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, foi nomeado ministro de Sanidade polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en substitución de Carolina Darias, que será a candidata do PSOE á Alcadía de Las Palmas de Gran Canaria.
José Manuel Miñones Conde (Santiago de Compostela, 1972) era até agora delegado do Goberno na Galicia e no ámbito político antes foi concelleiro no Concello de Ames (A Coruña) e alcalde do mesmo municipio de 2015 até marzo de 2021, cando foi nomeado para dirixir a Delegación do Goberno.
Miñones tamén foi membro da Comisión de mobilidade e accesibilidade da Federación Española de Municipios (#FEMP).
O novo ministro de Sanidade licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e obtivo o doutoramento na mesma especialidade con Premio extraordinario. Así mesmo, foi investigador do programa autonómico 'Parga Pondal' de 2005 a 2011, así como profesor contratado no Departamento de Química e Física con docencia na Facultade de Farmacia da USC.
Por outra banda, Pedro Sánchez nomeou ao deputado socialista Héctor Gómez (Santa Cruz de Tenerife, 1978), novo ministro de Industria, Comercio e Turismo.
Gómez exerceu como portavoz do PSOE no Congreso durante esta lexislatura, ata que en setembro de 2022 foi elixido presidente da Comisión Constitucional da Cámara, un posto que viña exercendo Patxi López, que foi precisamente quen lle relevou á fronte da portavocía parlamentaria do Grupo Socialista.
Así mesmo, é parlamentario nacional desde a pasada lexislatura. Con anterioridade foi concelleira do Concello de Guía de Isora (Santa Cruz de Tenerife), deputado do Parlamento de Canarias entre 2015 e 2018, e director de Turespaña, entre 2018 e 2019.
Como formación académica, o novo ministro de Industria, Comercio e Turismo é diplomado con especialidade en Turismo, licenciado en Ciencias do Traballo e, ademais, graduado en Dereito.

Escribe o teu comentario