Ana Pontón, convencida de que o BNG será a forza que máis suba nas municipais

Pontón destacou que van "a por todas" e afirma que "haberá algún alcalde máis do BNG nas grandes cidades"


|

Archivo - La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, en rueda de prensa este lunes
Arquivo - A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón / Foto: @EP

A portavoz do Bloque Naconalista Galego mostrouse convencida de que chegou o "ocaso" do Partido Popular en Galicia, que, asegura, "deixa unha comunidade que se está quedando atrás", e de que o BNG será a forza que máis suba nas próximas eleccións municipais.

 

Así o sinalou este domingo nunha entrevista concedida a Radio Galicia. "Estamos convencidos de que nas últimas eleccións abriuse un cambio de ciclo e o #BNG ten a responsabilidade de ser a alternativa real ao #PP. Imos ser a forza local que máis vai subir, unha boa proba de que neste país hai ganas de cambiar", sinalou.

 

Pontón destacou que van "a por todas" e afirma que "haberá algún alcalde máis do #BNG nas grandes cidades". Puxo como exemplo neste sentido o proxecto que ten o Bloque para a cidade de Pontevedra, un "referente a nivel internacional, testado, que mellora a vida da xente e achega dinamismo económico". "Un modelo que se pode pór en práctica no resto de cidades do país e a mellor mostra da capacidade do #BNG para mellorar a vida da xente", defendeu Pontón.

 

Nesta liña, a portavoz do #BNG asegura que Goretti Sanmartín será a nova alcaldesa de Santiago, unha cidade na que se ve "estancamento", "na que non hai proxecto".

 

Por outra banda, respecto das primeiras eleccións sen Núñez Feijóo liderando o #PP galego, Pontón apunta que o ex presidente da Xunta de Galicia marchouse "porque sabía que o seu ciclo se esgotou".

 

"E déixanos un Galicia que vai a peor, cun #IPC superior á media do Estado, a pesar de ter salarios e pensións máis baixas; cun Índice Produtivo Industrial que sobe a nivel estatal e que baixa en Galicia ; e co colapso dos servizos públicos, especialmente na sanidade. E non é que non haxa recursos, é que hai que cambiar o rumbo", detalla.

 

"Deixarémonos a pile para que se produza ese cambio político e deixar atrás unha etapa gris para abrir unha nova etapa en cor", apostila a líder nacionalista.

 

Considerou tamén que o líder do Partido Popular en Galicia , Alfonso Rueda, é un candidato "gris", que o que demostrou é que "ao que aspira é a ser recadero de Feijóo, defendendo protocolos infames como o antiaborto de Castela e León".
 

FEIJÓO E RELACIÓNS CO PSOE

E apunta Pontón que con Feijóo "xa foron 13 anos perdidos, cos atrasos na AVE e infraestruturas básicas que seguen pendentes". "A subordinación a Madrid é a peor receita para pór a Galicia no mapa", incidiu.

Nesta liña, convidou a reflexionar sobre que poderían facer os nacionalistas cun grupo parlamentario no Congreso, "si cun deputado conseguíronse as rebaixas das peaxes". Respecto de Néstor Rego, descartou facer cambios e destacou o "labor fantástico" que realiza. "No Congreso o que demostramos é que somos a única forza política que defende os intereses de Galicia", remarcou.

Doutra banda, Pontón non entrou a opinar nas decisións internas do #PSOE —respecto dunha preferencia por "#entender" con Besteiro ou Formoso— e incidiu en que, dado que está "convencida" de que haberá un cambio na presidencia da Xunta , traballará para que o lidere o #BNG.

"O #BNG e o #PSOE somos diferentes pero temos unha ampla experiencia en coalicións de Goberno, que proban que temos esa capacidade para entendernos, desde a diferenza, e con Gobernos que funcionan infinitamente mellor que os do PP", afirmou.
 

"COLAPSO DA SANIDADE" E "ESPOLIO" EÓLICO

A portavoz nacionalista tamén se pronunciou sobre a situación da sanidade pública en Galicia, asegurando que o conselleiro de Sanidade está "excedido" e que a Xunta vai "de disparate en disparate". "Despois de querer substituír aos médicos por enferemros, queren que persoas en formación exerzan de médicos. Teñen que deixar de pór parches e ir solucionar os problemas estruturais", criticou.

"O que se está facendo é pór en risco a saúde das perosnas. O conselleiro ten que asumir que a xente cando sae a protestar faio para defender o seu dereito á saúde. O fracado da política sanitaria do #PP está a deteriorar até límites nunca vistos en Galicia a sanidade pública e o que está claro é que se necesita máis investimento, e menos soberbia. Que deixen de botar balóns fose e asuma as súas responsabilidades", continuou Pontón.

Por último, cualificou de "escándalo" o que está a suceder coa enerxía eólica. "O #PP aproveita para pór en marcha un boom eólico depredador que non vai servir para abaratar a luz, senón para que grandes empresas sigan gañando máis. O que se está producindo é un espolio eléctrico deste país. O #PP traballa para as eléctricas e hai que pararlles os pés porque estamos a perder unha gran oportunidade", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE