Enquisa eleccións xerais: o PPdeG crecería en todas as provincias de Galicia e o BNG non medraría a pesar da evaporación de Podemos

GAD3, unha das empresas demoscópicas con máis experiencia, acaba de publicar unha estimación dos resultados das eleccións xerais en España que inclúe datos desglosados para Galicia. 


|

No país apréciase un forte avance do Partido Popular, certo retroceso do Partido Socialista, o estancamento do Bloque Nacionalista Galego e a desaparición electoral dunha esquerda rupturista estatal que aínda non aclarou como participará.

 

 

 

 

 

A repartición de deputados nunhas eleccións xerais en Galicia por provincias quedaría da seguinte maneira, segundo a enquisa:

  • A Coruña: 4 PP, 3 PSOE e 1 BNG
  • Pontevedra: 4 PP e 3 PSOE
  • Lugo: 3 PP e 1 PSOE
  • Ourense: 3 PP e 1 PSOE

 

Etse mesma repartición nas últimas eleccións xerais en Galicia en 2019 quedou así:

  • A Coruña: 3 PP, 3 PSOE, 1 Unidas Podemos - EU e 1 BNG
  • Pontevedra: 3 PP, 3 PSOE  e 1 Unidas Podemos - EU
  • Lugo: 2 PP e 2 PSOE
  • Ourense: 2 PP e 2 PSOE

 

 

 

 

Esta distribución implica cambios sobre os resultados das últimas xerais, sobre todo na esquerda. Unidas Podemos - EU logrou dous escanos e agora perderíaos. Son os que ocupan a vicepresidenta Yolanda Díaz, por Pontevedra, e o aínda líder de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, pola Coruña.

 

A hipotética desaparición dos azamboados nos próximos comicios puiden explicar, polo menos en parte, pola falta de claridade sobre con que fórmula competirán en 2023. Díaz lidera un novo proxecto, Sumar, e Podemos Galicia aínda non fixou postura sobre si participará na nova iniciativa. A decisión depende da postura que tome Podemos a nivel España e no partido hai diferenzas de opinión. Estas diferentes opinións están a medir forzas nas primarias en marcha para o liderado de Podemos Galicia

 

A candidatura na que participa Gómez Reino e encabeza Borja San Ramón é partidaria de colaborar con Sumar. Entre as listas críticas hai unha, apoiada aparentemente por parte do aparello estatal, Renova Podemos, que abertamente cuestiona co proxecto de Díaz. Outra, Rexurdir Podemos, non ten unha postura determinada respecto diso. 

 

A teoría indica que sen dividir o voto entre os azamboados e Sumar a esquerda rupturista tería máis opcións de conquistar escanos en Galicia. Iso si, hai que ter en conta tamén que a nivel estatal o estudo de GAD3, mostra un retroceso importante deste espazo político, que caería dos 35 deputados no Congreso actuais a só 19.

 

O PSdG - PSOE obtivo dez deputados por Galicia nas eleccións do 10 de novembro de 2019. Gad3 estima que agora sacaría 8. Isto vai na liña das enquisas que se foron coñecendo nos últimos meses a nivel autonómico, que mostran un leve pero apreciable retroceso socialista, incapaces de beneficiar as posibles perdas dos seus socios no goberno de esquerdas no Estado. 

 

O PPdeG gañou as últimas xerais en Galicia e repetiría vitoria en 2023. Os conservadores lograrían, ademais, un importante avance, pasando dos 10 deputados a 14. Hai varios factores que poderían explicar este posible ascenso do 40% en representación.

 

SE VOX E C'S RETROCEDEN, O PP AVANZA

Por unha banda, o PPdeG beneficiaríase do retroceso doutras opcións de centro e dereita. A nivel estatal a enquisa apunta a peores resultados para Cidadáns, que desaparecería do hemiciclo no que agora ten 10 deputados, e Vox

 

Os de Santiago Abascal caerían de 52 a 41. Hai que ter en conta que nin Vox nin Cidadáns sacaron representación en 2019, aínda que si conseguiron porcentaxes relevantes; o 7,9%  os nacionalistas españois e o 4,3% os laranxas. A fuga de parte desas porcentaxes ao PPdeG axuda a entender o posible ascenso dos de Alberto Nuñez Feijóo.

 

O salto de Feijóo a Madrid sería outro factor que explicaría a subida do PPdeG. Cando Feijóo encabezaba as listas do PPdeG nas autonómicas sempre sacou mellores resultados que o seu partido nas eleccións xerais nas provincias galegas. A súa presenza como cabeza de cartel estatal podería arrastrar parte dos votantes que apostaban polo PPdeG nas autonómicas pero non facían o mesmo ao chegar as estatais.

 

En todo caso, a enquisa mostra como a báscula electoral galega inclinaríase á dereita, pois o PP crece bastante, o PSOE retrocede un pouco, Podemos - EU desaparece e a outra opción de esquerdas, os nacionalistas galegos, seguirían cun só representante. 

 

 

 

O BLOQUE NON CRECERÍA A pesar de CAÍDAS DOUTROS

No referido ao #BNG as estimacións de GAD3 resultan sorprendentes. O Bloque foi a segunda forza máis votada nas autonómicas de 2020 e as enquisas a nivel galego destes meses apuntan a unha boa saúde demoscópica dos de Ana Pontón e Néstor Rego. Con todo, a enquisa publicada polo conservador ABC indica que o BNG non sería capaz de mellorar, sen beneficiar do previsto desastre de Podemos Galicia - EU  e o retroceso do PSdeG.

 

 quedarían por tanto parte dos votantes de PSOE e Podemos en casa? É unha pregunta crave para a repartición, pero imposible de responder agora mesmo, cando aínda non se coñece como competirá a esquerda rupturista.

 

Reparto de diputados por Galicia según encuesta de GAD 3 para las elecciones generales 2023 en Galicia
Repartición de deputados por Galicia segundo enquisa de GAD 3 para as eleccións xerais 2023 en Galicia

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE