Feijóo insiste en que a dana de Valencia era responsabilidade de Sánchez: "A emerxencia decláraa o presidente"
O líder do Partido Popular comparece na comisión do Congreso dos Deputados dedicada á pinga fría que golpeou a Comunitat Valenciana en outubro de 2024. Feijóo trata de minimizar o peso da responsabilidade de Carlos Mazón na crise que deixou 237 vítimas mortais, aínda que subliña que o entón presidente valenciano tamén tiña autoridade.
Na súa comparecencia sobre a crise da DANA, Alberto Núñez Feijóo foi contundente ao cualificar a resposta institucional ante a catástrofe como insuficiente, afirmando que "ningunha das institucións públicas estivo ao nivel exixible".
Durante a súa intervención, Feijóo asegurou que a xestión da crise foi unha cuestión competencial e que o verdadeiro responsable da coordinación e resposta ante emerxencias é o presidente do Goberno, quen debe declarar a emerxencia nacional. Afirmación que queda curta xa que, segundo a lei tamén é o presidente da Comunidade Autónoma o que a pode solicitar.
Águeda Micó, deputada por Compromís, interpelou a Feijóo sobre a súa autoridade para influír nas decisións do presidente da Comunidade Valenciana, Carlos Mazón, ao que Feijóo respondeu que, como presidente do #PP, a súa autoridade está limitada a facer cumprir os estatutos do partido, pero non a influír directamente en decisións autonómicas. Segundo Micó, os estatutos do PP esixen que os cargos do partido actúen con máxima ejemplaridad, rigor e esixencia, e velando polos intereses dos cidadáns.
Escribe o teu comentario