Ferida de consideración unha octoxenaria tras unha saída de vía en Nogueira de Ramuin
Os feitos ocorreron este xoves e o vehículo terminou semivolcado na beiravía.
Unha muller de 80 anos resultou ferida este xoves tras saír da estrada no municipio ourensán de Nogueira de Ramuin.
Segundo informou a Garda Civil, o accidente tivo lugar ás 10.37 horas na OU-0508, no quilómetro 10.3.
A condutora saíuse da vía pola marxe dereita cando viaxaba no seu turismo Ford Focus. Apuntan que a proba de alcoholemia resultou negativa.
A muller, ferida leve, foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
Escribe o teu comentario