Arde un coche no polígono de San Cibrao das Viñas

As primeiras hipóteses apuntan que o indicio no vehículo, un Citröen C4, puido deber a unha avaría mecánica


|

Bomberos 2
Bombeiros 2

 

Os Bombeiros de San Cibrao das Viñas e o GES de Pereiro de Aguiar tiveron que extinguir un incendio nun vehículo que quedou calcinado por completo. Do suceso non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o suceso produciuse sobre as 12.00 horas deste domingo no quilómetro 0,050 da OU-537 na rotonda do parque tecnolóxico.

As primeiras hipóteses apuntan que o indicio no vehículo, un Citröen C4, puido deber a unha avaría mecánica. Todos os ocupantes puideron abandonar o vehículo a tempo e sacar as súas pertenzas sen sufrir danos.

Até o punto desprazouse, ademais dos Bombeiros e os membros do GES, a Garda Civil e o equipo de mantemento e de limpeza da vía.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE