Un pai morre atropelado polo seu fillo en Soutelo, Trasmiras

O home de trinta e dous anos estaba a manobrar cun vehículo no patio de casa cando embistió sen querer contra o seu familiar.


|

Archivo - Vehículo de la Guardia Civil de Tráfico
 

Unha persoa morreu este domingo tras ser atropelada por un vehículo que se atopaba dando marcha atrás no municipio de Trasmiras (Ourense), segundo informou 112 Galicia.

Archivo - Ambulancia del 061-Urxencias Sanitarias de Galicia.
Arquivo - Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia.

Segundo adiantou onte Diario do Támega, un home de 32 anos tentaba manobrar cun vehículo no patio de casa cando chocou sen querer contra o seu pai septuaxenario. O incidente tivo lugar nunha vivenda unifamiliar da aldea de Soutelo nesta comarca de Ourense.

Ao lugar do accidente acudiron Emerxencias Sanitarias de Galicia 061, Bombeiros de Xinzo e a Garda Civil de Tráfico, que investiga as circunstancias do sucedido.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE