Arde un alpendre con herba seca no seu interior pola caída dun raio en Verín

Non houbo que lamentar feridos entre os animais que alí se atopaban nin entre persoas


|

Archivo - Un Rayo Durante Las Tormentas Eléctricas
Arquivo - Un raio durante as tormentas eléctricas / Foto: @EP

Un alpendre con rolos de herba seca no seu interior pola caída dun raio en Verín ardeu na tarde deste pasado sábado. Ningunha persoa resultou ferido nin tampouco houbo que lamentar o dano a ningún dos animais que se atopaban no interior da construción.

 

Segundo informou a central de emerxencias, os bombeiros de Verín acudiron ao lugar de Tamaguelos para extinguir o lume, que calcinou parte do tellado do alpendre e queimou varios rolos de herba seca.

O servizo tivo coñecemento do incendio uns minutos despois das 19:30 horas da pasada tarde, a través de varias persoas particulares.

 

O servizo tivo coñecemento deste incendio pasados uns minutos das 19:30 do sábado, a través de varios particulas. A partir de entón, o 112 púxose en contacto cos Bombeiros de Verín, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade, aos que puxo en coñecemento dos feitos.

 

ARDEN DOUS VEHÍCULOS EN FOLGOSO DO COUREL

Doutra banda, un furgón e un coche arderon completamente a pasada noite no lugar de Ou Mazo, na parroquia de Meiraos, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Ocorreu ao fío das 02:00 horas. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 do incendio. Segundo indicaban, o lume tamén afectaba o monte.

De maneira inmediata, o persoal do 112 solicitou a intervención do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil e dos medios do distrito forestal da zona.

Segundo confirmaron os membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel á central de emerxencias, arderon completamente dous vehículos, sen que chegase a afectar o monte.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE