As brigadas deseucaliptizadoras viaxan este sábado até O Ribeiro para eliminar as acacias
As brigadas de Verdegaia regresan ao Ribeiro para loitar contra esta planta invasora.
A Asociación Veciñal de Lentille chama a todas as mans interesadas en deseucaliptizar a aldea localizada no Ribeiro e na que as acacias, unha planta invasora, converteuse en todo un problema en moitas rutas. Desde Verdegaia atenderon á súa chamada e desenvolverán unha actividade o vindeiro sábado 20 de maio no lugar.
Non é a primeira vez que as brigadas se dan cita no Ribeiro, onde actuaron noutras ocasións e co mesmo motivo. "A liberación de camiños veciñais e os pequenos e constantes avances contra os límites seguirán sendo a nosa prioridade", subliñan desde o colectivo.
Ao tempo, lembran que a leña colleitada "estará sempre a disposición de iniciativas e proxectos sen ánimo de lucro que a necesiten para o desenvolvemento da súa actividade en prol do ben común". Será a Asociación Veciñal de Lentille a que xestione as solicitudes.
Escribe o teu comentario