Outra multa ao coche oficial de Jácome, alcalde de Ourense, en Vigo por exceso de velocidade segundo unha denuncia

Os supostos feitos ocorreron a principios deste mes, un sábado, xusto un día no que Jácome foi recoñecido por varios usuarios realizando compras en Vigo xunto ao seu xefe de comunicación.


|

O coche no que adoita circular o edil de Ourense foi pillado, outra vez, a unha velocidade inadecuada un día non laborable fose da cidade. Con esta son dúas multas coñecidas nun moi curto período de tempo en semellantes circunstancias. 

 

 

 

WhatsApp Image 2023 02 16 at 13.36.20
Captura da multa

 

O Concello de Ourense volveu a ser notificado cunha sanción de 100 euros polo exceso de velocidade en Vigo do coche institucional do goberno local, o mesmo no que habitualmente viaxa o rexedor auriense, Gonzalo Pérez Jácome, segundo revela Noticias Dispersas. Galiciapress contactou co municipio para coñecer a versión do goberno local sen recibir resposta por agora.

 

É a segunda sanción nun curto período de tempo contra este vehículo e tamén por conducir a unha velocidade superior á permitida.

 

Os supostos feitos desta última multa remóntanse ao sábado 4 de febreiro, ás 16:53 horas en Vigo. O Peugeot 208 5P Active, de cor mostaza, circulaba a unha velocidade de 94 quilómetros por hora nunha zona cunha limitación de 80 km/h. O coche foi detectado a esa velocidade no quilómetro 7,7 da A-55, pouco despois de Puxeiro.

 

A sanción notificada é de 100 euros -cunha redución a 50 euros por pronto pago- coincide no tempo cunha viaxe de Jácome á cidade olívica, onde foi visto nunha superficie comercial xunto a Eloy Mouteira, o seu xefe de comunicación, até agora ausente por unha baixa.

 

SEGUNDA MULTA COÑECIDA

Segundo apuntan medios locais como A Rexión a notificación abriu unha nova investigación dentro do propio Concello, con Jácome tratando de destapar á persoa ou persoas que se encargaron da filtración, que antes foi publicada desde a canle satírica de Noticias Dispersas, onde comentan a coincidencia no tempo desta sanción coa ocorrida o pasado 2 de setembro en Samil contra o mesmo vehículo oficial.

 

 

Entón o coche infractor superou en 30 quilómetros por hora a velocidade permitida nun tramo limitado a 50 km/h. O Concello non identificou ao condutor do vehículo, polo que a sanción, de 400, pasou a ser catalogada de "moi grave" e ascendeu até os 1.200 euros. 

 

O alcalde respondeu cando foi cuestionado pola prensa por esta primeira denuncia que o concello ía identificar ao condutor infractor pero até agora non transcendeu que o fixo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE