Un incendio calcina por completo unha vivenda no municipio ourensán de Punxín

Todos os ocupantes do inmoble atopábanse no exterior da vivenda


|

Bomberos
Arquivo - Camión de bombeiros

Un incendio calcinou por completo unha vivenda situada no quilómetro 16 da N-541, ao seu paso polo municipio ourensán de Punxín.

 

Segundo informou a central de emerxencias galelga, o lume iniciouse pasada a medianoite da noite deste sábado ao domingo. No momento do aviso á central de emerxencias, todos os ocupantes atopábanse no exterior do inmoble.

 

Os operadores do 112, unha vez tiveron coñecemento deste suceso, deron aviso á Garda Civil, aos Bombeiros do Carballiño e ao persoal do Concello. Do mesmo xeito, informaron tamén de maneira preventiva ao servizo de urxencias sanitarias.

 

Xa no lugar dos feitos, os servizos de extinción desprazados confirmaron ao 112 que deran por controlado o incendio ao redor das 01:45 horas, aínda que os labores de extinción seguiron até pasadas as 03:30 horas.


O persoal de emerxencias sinalou que a casa quedou calcinada por completo e viuse tamén afectada a estrutura do tellado do inmoble.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE