O PSdeG presenta aos seus candidatos na Baixa Limia co fin de "impedir que o caciquismo siga imperando en Ourense"

Entrimo, Calvos de Randín, Muíños, Bande e Lobios reuniron aos seus candidatos polo PSdeG


|

Presentación de los candidatos del PSdeG-PSOE Ourense en A Baixa Limia a las elecciones municipales de 2023.
Presentación dos candidatos do PSdeG-#PSOE Ourense na Baixa Limia ás eleccións municipais de 2023 / Foto: @EP

Os socialistas de Ourense presentaron este sábado aos candidatos dos comicios municipais do próximo 24 de maio nos concellos de Entrimo, Calvos de Randín, Muíños, Bande e Lobios. Trátase dun acto celebrado nesta última localidade, no que os candidatos estiveron arroupados por Rafael Villarino, secretario provincial de Ourense, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, co obxectivo de "impedir que o caciquismo siga imperando en Ourense".

 

Aquilino Valencia, Ramón Alonso, José Luís Rodríguez, Iván Rouco e José Luís Álvarez han coindido en destacar a necesidade da "política útil" do #PSdeG para "mellorar a vida dos veciños nunha comarca historicamente abandonada e maltratada polo Partido Popular.

 

"A innación" e a "falta de impulso" puxéronse como exemplos á prolongación da autovía AG-31, a "inexistencia" dun proxecto de solo industrial para fincar empresas na zona ou o "total desaparo" que, aseguran, padece o Parque de Ou Xurés-Baixa Limia.

 

"Os responsables de que nos atopemos nesta situación son as persoas que teñen capacidade, competencia e diñeiro para decidir sobre se o territorio progresa ou se estanca, é dicir, a Xunta de Galicia", sinalou Ramón Alonso, alcalde de entrimo e candidato polo #PSdeG á alcaldía as próximas eleccións municipais.

 

O candidati por Muíños , José Luís Rodríguez, fixo fincapé na necesidade de acabar coas "actitudes caciquiis do goberno popular" no municioio e reclamou "discriminación positiva" cara aos concellos da comarca da Baixa Limia por parte do goberno provincial e autonómico.

 

O anfitrión do evento e candidato á alcaldía de Lobios, Iván Rouco, destacou que se presenta a estes comicios locais para darlle ao municipio "o cambio que tanto necesita".

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, reprobou así mesmo a situación "inxusta" que viven, na súa opinión, os concellos da comarca, debido á repartición "antidemocrática, discriminatorio e caciquil" dos fondos provinciais por parte do que o chamou "a Deputación de Baltar". Unha situación que cualificou de "anómala e única" en todo o Estado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE