O PSdeG denunciará ante a Valedora do Pobo a elección do rei Baltasar na cabalgata de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez-Jácome, seleccionaría "a dedo" ao rei Baltasar da cabalgata de reis da cidade: unha persoa condenada por abusos sexuais


|

Jacome dirigiendo el pleno del Concello de Ourense sobre el Rey Baltasar abusador
Jacome dirixindo o pleno do Concello de Ourense sobre o Rei Baltasar abusador 

A cabalgata de Reis de Ourense non deixa de ser polémica. Nun primeiro lugar foino pola utilización de dromedarios, un feito criticado por moitas asociacións animalistas e ecoloxistas. Este ano foino tamén polo rei Baltasar, coñecido do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez-Jácome, como proban as súas redes sociais, e que o equipo do alcalde seleccionou, segundo o mesmo recoñeceu. Este rei Baltasar fora condenado por abusos  sexuais. Agora, o PSdeG ha decido tomar accións e anunciou que elevará unha queixa fronte á Valedora do Pobo e estuda levar o tema á Xustiza.

 

Anunciou que o fará "como importante defensora dos dereitos da infancia e da adolescencia, así como a encargada de velar polo cumprimento da lexislación que os protexe". Silvia Fraga, secretaria de Igualdade do #PSdeG, indicou que lles parece "un feito gravísimo desde unha dobre vertente, a ética e a legal". A socialista sinalou que a vertente ética e moral é "indiscutible", xa que "se lle resta importancia ao feito de que una persoa que cometeu delitos tan graves contra unha muller, estea, á fin e ao cabo, representando ao Concello nun acto dirixido a nenos".

 

Asegura, con todo, que desde o #PSdeG non se sorprenden, xa que isto "vai na liña dunhas actitudes reiteradamente misóginas e machistas da persoa que está á fronte da alcaldía de Ourense". Engade que se trata dun Concello cuxo cogierno ten unha "ausencia total de políticas de Igualdade".

 

Fraga apunta que desde o punto de vista legal si existe unha obrigación legal, no artigo 57 da Lei Orgánica 8/2021 de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia indicar a obrigatoriedade de prensetar un certificado negativo de delitos sexuais a todo aquel que prentenda participar nun actividade que implique "contacto habitual con persoas menores de idade" ou "que teñan como destinatarios principais a persoas menores de idade".

 

"Que ocorreu neste municipio o día 5 de xaneiro? Que fixo o alcalde desta cidade? Fixo que centos de nenos e nenas achegásense a un abusador sexual", declara Marga Martín, responsable de Políticas Sociais do #PSdeG. Tamén reiterou, así, o "desprezo" de Jácome cara a "os nenos e nenas e todos a cidadanía en xeral".

 

OUTRAS ACTITUDES MACHISTAS DE JÁCOME

A socialista lembra tamén que unha das primeiras actuacións deste alcalde foi "desvincular ao Concello de Ourense do sistema VioGén, o sistema de protección e seguimento ás vícitimas de violencia machista". "Despois tivo que recular", recurda Martín.

 

Tamén por outra banda, destacou a súa repulsa cara á agresión do alcalde a unha muller sindicalista o pasado mes de maio, que se trata doutro episodio que tacha de "intorable e sen explicación".

 

A responsable socialista de Políticas Sociais conclúe dicindo que "se o alcade tiña algunha dignidade, acabou perdéndoa o día de xaneiro nesta cidade" e que "foi decisión do Partido Popular, cos votos dos concelleiros", facer a Jácome alcalde.

 

Natalia González, portavoz municipal do PSdeG en Ourense e secretaria local dos socialistas ourensáns, reinvidicó que "este é un paso máis" para "devolverlle a dignidade ao Concello" e advertiu que "estamos nun contexto no que non debemos permitir que se frivolice coa violencia machista e cos dereitos dos menores".

 

REPRIMENDAS POR PARTE DO BNG

No último pleno do Concello de Ourense, celebrado este pasado venres, o BNG recriminou tamén ao alcalde a súa actitude fronte aos feitos. O portavoz dos nacioalistas, Luís Seara tachou de "mentireiro" ao alcalde, despois de que este negase elixir "unilateralmente" ao rei Baltasar, declarando que fora o seu equipo quen o fixo.

 

MOCIÓN PARA A DIMISIÓN DO ALCALDE

A ampla maioría da Corporación Municipal, no pleno celebrado este pasado venres no Concello de Ourense, aprobou unha moción para esixir a Jácome a súa dimisión, cos votos a favor de 22 dos 27 concelleiros que a conforman. Foi rexeitada polos edís de Democracia Ourensá e polo exconcejal de Cidadáns, Laureano Bermejo, agora no non adscritos.

 

A moción, que foi impulsada polos populares, fixo que Jácome sostivese en todo momento a versión de descoñecer os antecedentes do home seleccionado para ser o rei Baltasar. 

 

Sobre as 13:30, o alcade daba paso á moción presentada polo Partido Popular: "Aprovevechen vostedes si queren lucir mediáticamente. Temos unha moción de urxencia que nos trae aquí o Partido Popular", indicou. Nesta moción, os populares pediron a súa dimisión por esta polémica e por non saír antes a dar explicacións sobre o tema. A encargada de defendela, a portavoz popular Flora Mourse, preguntouse "quen fixo a vista gorda". "Quen non fixo o seu traballo esixindo o certificado de penais?", cuestionouse a dirixente popular.

 

O alcalde defendeuse dicindo que a cabalgata "foi a mellor da historia superando a do ano pasado" e que "todo saíu perfecto". Deste xeito, criticou que a petición dos populares ampárase na lei 26/2015, unha lei que, asegurou, "está anulada e foi substituída por unha do 2021" que "só esixe os certificados de penais a quen teñan contacto habitual con persoas menores de idade que leven un trato repetitivo, regular e non ocasional".

 

"Que eu saiba a cabalgata non se fai todos os días, todas as semanas, nin todos os meses, co cal é ocasional e segundo esta lei non temos obrigación de pedir ese certificado para que alguén faga de actor de dobraxe dos Reis Meigos", esgrimiu Pérez Jácome, asegurando que o consultou "cos servizos xurídicos do Concello" e, indo máis aló, afirmou que "en ningunha cidade galega foi esixido tal certificado".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE