Medio Rural informa dun novo incendio activo en Viana do Bolo

A Consellería do Medio Rural informou tamén de que o incendio de Lobeira, que afectaba o Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, atópase finalmente extinguido desde as 20:45 horas de onte


|

Un hidroavión realiza labores de extinción dun incendio forestal na Serra do Leboreiro, no parque natural de Baixa Limia e Serra do Xurés, ao 26 de agosto de 2022, en Serra do Xurés, Ourens
Un hidroavión realiza labores de extinción dun incendio forestal na Serra do Leboreiro

Medio Rural informou que desde as 21:51 horas da noite de onte hai un novo incendio activo en Galicia. O lume comezou na parroquia de Grixoa, no municipio ourensán de Viana do Bolo e calcinou xa un total de 80 hectáreas, case tantas como o incendio declarado en Porto do Son, que leva activo desde o sábado.

 

Aos labores de extinción deste lume destináronse un técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.

 

Doutra banda, a Xunta informou de que, tras 4 días de lume, finalmente deuse por extinguido ás 20:45 horas de onte o incendio de Lobeira, que se iniciou na parroquia de San Xes de Vilariño e afectou ao Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés.

 

Este incendio calcinou un total de 625,2 hectáreas de terreo, das cales 46,36 eran de monte arborizado e 578,84 de monte raso.

 

Doutra banda, o incendio de Porto do Son, na Coruña mantense estabilizado desde as 19:15 horas de onte, como xa informara a Consellería do Medio Rural no seu último parte da pasada xornada. Neste incendio traballan actualmente un técnico, 21 axentes, 43 brigadas, 27 motobombas, 4 pas, 5 avións e 5 helicópteros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE