Dous accidentes de tractor con vítimas mortais en San Amaro, Ourense, e Covelo, Pontevedra

Dous homes faleceron na tarde deste martes en senllos accidentes rexistrados en San Amaro (Ourense) e Covelo (Pontevedra), mentres manexaban ou trasladaban un tractor.


|

Os dous sucesos ocorreron durante a tarde do martes, separados cunha escasa marxe de tempo. 

 

 

A pesar da actuación dos equipos de emerxencias nos dous casos, nada puideron facer por salvar a vida das vítimas. 

 

Accidente de tractor
Accidente de tractor | Foto: @g24noticias


Dous homes faleceron na tarde deste martes en senllos accidentes rexistrados en San Amaro (Ourense) e Covelo (Pontevedra), mentres manexaban ou trasladaban un tractor.

Segundo informa o 112, pasadas as 17,00 horas recibiu a chamada dunha persoa que pedía asistencia urxente para un home que sospeitaban que se caeu dun tractor en Grixoa, San Amaro (Ourense).

Posteriormente, axentes da Garda Civil confirmaron que a persoa circulaba no remolque dun tractor cando, por mor dunha fochanca, caeu e golpeouse contra a calzada.

Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida.

 

ENVORCO EN COVELO

Pouco despois, en Covelo (Pontevedra), produciuse outro accidente que se saldou con outro home falecido.

Neste caso, a persoa que conducía o tractor perdeu a vida despois de envorcar o vehículo que manexaba. Ocorreu nunha leira do lugar de Barcia.

Ao lugar acudiron os profesionais sanitarios, unha patrulla da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE