A CUT denuncia a "manipulación de datos" e contabiliza un 68,75% do persoal parado na CRTVG
O grupo sindical ha denunciado que moitos traballadores "que habitualmente non veñen os sábados" víronse obrigados a facer horas extra
A segunda xornada de folga da TVG, prevista para este venres e sábado, 24 e 25 de marzo, deixou, segundo os datos do Comité de Hulga, un 68,75% do persoal parado.
Isto contrasta cos datos que achega a propia #CRTVG, que informa dun 25,6% de seguimento da folga. A CUT tachou isto de "manipulación de datos" e aseguran que eles puidérono comprobar "na porta e coas traballadoras e traballadores". Así, o grupo sindical reclamaba esta mañá nas súas redes sociais "dignidade ante a represión e manipulación".
Aseguraban tamén que a programación da Radio Galega e a #TVG foi durante a folga totalmente en redifusión, coa única excepción dos informativos. Afirman que ven mesmo departamentos buxán, como o de Deportes, obrigando a moitos traballadores "que habitualmente non veñen os sábados" a facer horas extra.
APOIO INTERNACIONAL
Dominique Pradalié, presidenta da Federación Internacional de Xornalistas, organización que integra a máis de 600 mil xornalistas dun total de 150 países, mandou, en nome de todos os profesionais, unha mensaxe de solidariedade e apoio á a folga dos traballadores da #CRTVG.
"Vós, a Corporación de Radio Televisión de Galicia estais en folga polo voso dereito ao traballo, pola defensa dos medios públicos en España, en contra da manipulación informativa e as reresalias, contra os traballadores críticos", sentenciaba Pradalié na súa mensaxe. "Os medios públicos europeos, os de todo o mundo, son patrimonio dos países e das nacións, pertencen aos cidadáns e non a un partido político", continuaba a presidenta do FIP.
"Desde París, e en nome da Federación, unha vez máis vos desexo o éxito para o voso movemento e dígovos: Bravo!", concluía Dominique Pradalié.
Escribe o teu comentario