Policías e Gardas Civís galegos maniféstanse en Madrid por unha xubilación en igualdade de condicións
A marcha tivo comezo na Porta do Sol, cunha asistencia aproximada de 20.000 persoas
Desde Galicia, desprazados en autobús, furgonetas, tren, avión e vehículos particulares, unha numerosa expedición de Policías e Gardas Civís galegos congregábanse en Madrid para participar nunha manifestación convocada polo Sindicato Unificado de Policía e a Asociación Unificada de Gardas Civís.
O motivo da manifestación é a reinvidación, por parte destes corpos de seguridade, dunha xubilación en igualdade de condicións co resto de Policías, así como a xornada laboral de 35 horas e a Reclamación ao Grupo B para a Escala Básica.
A marcha tivo comezo na Porta do Sol e deu fin nos Congresos dos Deputados. Segundo as estimacións, tivo unha acollida dunhas 20.000 persoas, formada tamén por integrantes deputados do Partido Popular, Cidadáns e Vox. Os asistentes portaban pancartas con lemas como "Este Goberno discrimina a Policías e Gardas Civís", ademais doutras demandas como o fin ao copago farmacéutico.
"A convocatoria para unha mesa de negociación co Executivo é urxente e, como demostramos hoxe na capital, seguiremos en pé de guerra ata que se nos escoite e proporcione todo o solicitado. Imos volver con máis forza e máis unidos para que as nosas reivindicacións sexan atendidas, porque son lexítimas, porque os Gardas Civís e os Policías merecémolo", anunciou Juan Fernández, líder da AUGC.
Escribe o teu comentario