O PPdeG presentará nos concellos unha moción con motivo da conmemoración do 25-N

Así, demandou diversas actuacións como a reforma das ordenanzas municipais para que "teñan perspectiva de xénero e así evitar discriminacións cara ás mulleres nas políticas públicas locais e nos orzamentos"


|

Comisión de Igualdade PPdeG.
O PPdeG anunciou que presentará unha moción en todos os concellos galegos con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25 de novembro, coa que os populares pretenden avanzar, desde o ámbito local, na prevención da violencia de xénero, no tratamento das súas vítimas e na súa erradicación.

Así, demandou diversas actuacións como a reforma das ordenanzas municipais para que "teñan perspectiva de xénero e así evitar discriminacións cara ás mulleres nas políticas públicas locais e nos orzamentos", o impulso e apoio á creación e á continuidade de asociacións de mulleres "como espazo de participación e empoderamiento feminino", o impulso á formación do persoal municipal no ámbito da igualdade e a loita contra a violencia de xénero, ou unha maior implicación en campañas publicitarias e na elaboración de materiais que inciden na necesidade de establecer puntos seguros e de información sobre a violencia sexual nos espazos públicos".

 

Demandáronse diversas actuacións como a reforma das ordenanzas municipais para que "teñan perspectiva de xénero e así evitar discriminacións cara ás mulleres nas políticas locais"

Sobre este último punto, os populares galegos insistiron na necesidade de "fomentar o establecemento de vixilancia por parte da Policía Local, en colaboración coas forzas e corpos de seguridade do Estado, nos denominados puntos negros", como aparcadoiros ou canellóns.

As demandas recollidas nesta moción, foron tratadas esta semana nunha reunión da Comisión Permanente de Igualdade do PPdeG, que contou coa presenza da secretaria xeral do partido, Paula Prado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE