A Fundación Franz Weber cifra en 39 os accidentes de caza en Galicia entre 2007 e 2020, con cinco falecidos
FFW destacou así que "ningún deporte nin actividade ao aire libre xera tal nivel de vícimas mortais"
A Fundación Franz Weber cifrou en 39 os accidentes de caza producidos en Galicia no periodio 2007-2020. Segundo a asociación naturalista, en total houbo 59 accidentes, con ou sen persoas damnificadas, nos que polo menos cinco persoas faleceron, 24 tiveron lesións graves e 10 de carácter leve. Ademais, sinalou que polo menos 19 incidentes non notifican si houbo persoas feridas ou non.
No conxunto de España, asegurou que o número de vítimas mortais ascende a 63 , coa excepción de Cataluña e Euskadi, mentres que as persoas feridas suman 483. Galicia pasa a ser, segundo datos da Garda Civil, un comunidade na media alta de incidentes.
Dos accidentes producidos en Galicia, Ourense é a provincia onde tiveron lugar a maioría (20), seguida de Lugo (17), Pontevedra (12), e coa Coruña á cola (9).
FFW destacou así que "ningún deporte nin actividade ao aire libre xera tal nivel de vícimas mortais", polo que insta as autoridades a comezar a establecer controis adicionais á caza".
Demandou así a generalización dos controis de alcoholemia e calquera outra sustancia estupefaciente a cargo dos Axentes Medioambientais, reducindo deste xeito carga de traballo á Garda Civil, así como un maior labor inspector para renovar calquera licenza de caza.
"O Regulamento de Armas estatal data de 1993 e no mesmo permítese obter unha licenza a persoas menores de idade", aseveran desde FFW. Desde os 14 pode #acceder a á denominada AEM (Autorización Especial para Menores). Ademais, a calquera idade éselles permitido acompañar ou participar como espectadores nas carcerías. A normativa galega, pola súa banda, establece unha medida regulatoria adicional, elevando a 16 anos a idade múnima para obter unha licenza.
De forma paralela, os naturalistas insistiron en afastar a calquera menor de idade das cazarías dado o "risco real que existe para a súa integridade física e psíquica". Afirman que esta formulación "segue as sucesivas recomendacións que realiza o Comité dos Dereitos do Neno de Nacións Unidas acerca da exposición á violencia por parte de menores de idade".
Escribe o teu comentario