Morre un home tras unha saída de vía en Alfoz
O suceso produciuse sobre as 17.40 horas deste domingo no punto quilométrico 17,850 da LU-160
Un home, de 89 anos, perdeu a vida tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo e caer por un pequeno desnivel no municipio lucense de Alfoz.
Segundo informou a Garda Civil, o suceso produciuse sobre as 17.40 horas deste domingo no punto quilométrico 17,850 da LU-160, que conecta as localidades de Mondoñedo e Ferreira de Valadouro.
Até o punto tamén se desprazaron os profesionais sanitarios e a persoa que ocupaba o asento do copiloto resultou ferida leve.
Escribe o teu comentario