Falece unha persoa tras unha colisión frontal entre dous vehículos en Xermade

No momento do accidente, no lugar caeu unha forte granizada. Un dos vehículos, no que viaxaban catro persoas, acabou nunha cuneta tras a colisión e un dos seus ocupantes perdeu a vida
 


|

Accidente en Xermade.
 

Unha persoa perdeu a vida e outro catro resultaron feridas, unha delas en estado grave, tras unha colisión frontal entre dous vehículos na LU-540 ao seu paso polo municipio de Xermade.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 15.00 horas deste sábado e nun dos vehículos viaxaban catro persoas e no outro unha.

No momento do accidente, no lugar caeu unha forte granizada. Un dos vehículos, no que viaxaban catro persoas, acabou nunha cuneta tras a colisión e un dos seus ocupantes perdeu a vida.

Até o punto mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Vilaba que excarceraron a dúas persoas --unha delas falecida--, Protección Civil e a Garda Civil.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE