Accidente mortal en Lugo: morre un camioneiro ao saír da vía e envorcar na A-6

A pesar da rápida intervención dos equipos de emerxencia, nada puideron facer por salvar a vida do transportista.


|

Archivo - Helicóptero del 061 con base en Santiago.
Foto: EP


 

O condutor dun camión morreu na mañá deste venres ao sufrir unha saída de vía e envorcar co vehículo na A-6, ao seu paso por Lugo .

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 11.30 horas no quilómetro 499 da citada autovía en sentido Madrid, na parroquia lucense de Muxa. Foron varios os particulares que chamaron para informar deste accidente.

O camioneiro permanecía inconsciente no interior da cabina e a carga do tráiler quedou esparexida polo asfalto.
 

GX6rM oW0AAtoqk
Foto: @g24noticias


O 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Lugo, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da A-6. Tamén foron informados, aínda que finalmente non interviñeron, a Policía Local e Protección Civil de Lugo.

O 061 mobilizou até o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida ao condutor. Non foi necesario que os bombeiros empregasen material de excarceración.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE